Xornadas de Hostalaría e Turismo 2022: Boas prácticas de sostibilidade no sector
Imposible resumir en 12 fotos todo o acontecido nas III Xornadas de Hostalaría e Turismo que onte desenvolvimos no noso centro.
Por iso escollimos as que resumen o dia:
- As do noso alumnado colaborando coa mellor actitude do mundo para ser uns bos anfitrións co profesorado convidado doutros centros.
- O programa que nos permitiu coñecer e disfrutar das ponencias de dous persoas inspiradoras e que nos motivaron a traballar por mellorar o noso contorno como foron Mari José Barriola de Tknika e Javier Ibáñez
@maestroconganas de @teachersforfuturespain - Comprobar co parladoiro, como profesionais de referencia no noso sector como XoséCannas @pepe.vieira, Antonio Cavada @el_calabacin_rojo, Mar Rodríguez @tee_travel e Mabel Vidal @casadecacheiro son capaces de facer convivir o seu negocio co coidado do médio natural no que se desenvolve o mesmo.
- Descubrir con @canyjuncal_visual como por unha preciosa mesa con libros vellos e botes e latas reutilizadas das que usamos nas escolas.
- Rematar o dia escoitando a un filósofo do coidado e preservación da nosa paisaxe, da nosa terra e da nosa gastronomía como é @javi_cullerdepau, e a Cristina e María do @hotelbosquemar que nos amosaron a súa implicación coa política sostible do premiado hotel no que traballan.
O noso agradecemento a Pilar Casals @inthemovees que conduciu con maestría a xornada!
Grazas a tódalas compañeiras e compañeiros que se achegaron a estas xornadas. Foi unha honra para nós ser o voso anfitrión!!
Agora temos que pasar a acción, ser exemplo na sociedade e mellorar os nosos procedementos nos centros para ser máis sostibles e respetuosos coa nosa TERRA!!