A quen vai dirixido?
Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional dos aloxamentos turísticos e todo o que xira no seu entorno nun perfil de xestión e organización. Para acceder debes estar en posesión do título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: o Hotel “Casual Oroza”, os talleres de habitación, recepción, lavandería/lencería, Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, a Cafetería-GastroBar “Suso Domínguez”, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza, aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
Organizar e controlar establecementos de aloxamento turístico, aplicando as políticas empresariais establecidas, controlando obxectivos dos departamentos, accións comerciais e os resultados económicos do establecemento, prestando o servizo na área de aloxamento e asegurando a satisfacción da clientela.do segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
No sector turístico, nomeadamente no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e extrahoteleiros, incluíndo tamén algúns tipos afíns, como as residencias sanitarias, hospitalarias e de estudantes, entre outras, independentemente da súa su modalidade. Trátase de persoal fundamentalmente por conta allea, dado o grande investimento en inmobilizado que adoita supor o aloxamento, e que exerce as súas actividades en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, reservas, pisos e eventos.
Que ocupacións se desempeña?
Subdirector/ora de aloxamentos de establecementos turísticos. Xefe/a de recepción. Encargado/a de reservas. Xefe/a de reservas. Coordinador/ora de calidade. Gobernante/a ou encargado/a xeral do servizo de pisos e limpeza. Subgobernante/a ou encargado/a de sección do servizo de pisos e limpeza. Xestor/ora de aloxamento en residencias, hospitais e similares. Xestor/ora de aloxamento en casas rurais. Coordinador/ora de eventos. Xefe/a de vendas en establecementos de aloxamentos turísticos. Comercial de establecementos de aloxamentos turísticos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|---|---|---|---|
1º | MP0174 | Dirección de aloxamentos turísticos | 240 | 9 |
1º | MP0171 | Estrutura do mercado turístico | 133 | 5 |
1º | MP0182 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 |
1º | MP0173 | Márketing turístico | 160 | 6 |
1º | MP0176 | Recepción e reservas | 160 | 6 |
2º | MP0178 | Comercialización de eventos | 123 | 7 |
2º | MP0183 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 |
2º | MP0172 | Protocolo e relacións públicas | 105 | 6 |
2º | MP0177 | Recursos humanos no aloxamento | 87 | 5 |
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 | 9 |
2º | MP0175 | Xestión do departamento de pisos | 105 | 6 |
2º | MP0181 | Proxecto xestión de aloxamento turístico | 26 | |
2º | MP0184 | Formación en centros de traballo | 384 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos.
A que outros estudos se pode acceder?
- A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
- Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística.