Saltear al contenido principal

Servizos en Restauración

  • Ciclo formativo
  • Familia: Hostalaría e turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Medio
  • Horas: 2000
  • Código: MHOT02
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional do servizo de sala, cafetería, bar e inicio a sumillería. Para acceder debes ter o  título de graduado en ESO, título de FP Básica ou mediante proba de acceso.

No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa  metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico:  o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, a cafetería-bar “Suso Domínguez”,o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza” e a aula  I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.

Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 2 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados  podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e  propiciar a túa inserción no mercado laboral.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

Realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas, así como as de atención á clientela no ámbito da restauración, seguindo os protocolos de seguridade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría, aínda que tamén pode traballar por conta propia en pequenos establecementos de restauración. Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos en que se desenvolvan procesos de elaboración e servizo de alimentos e bebidas, como o sector da hostalaría e, no seu marco, as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva).

Que ocupacións se desempeña?

Camareiro/a de bar e cafetaría ou restaurante. Xefe/a de rango. Empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos. Barman. Axudante de somelier. Auxiliar de servizos en medios de transporte.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0157Formación e orientación laboral1074
MP0156Inglés1606
MP0150Operacións básicas en bar e cafetaría26710
MP0151Operacións básicas en restaurante32012
MP0031Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos532
MP0155Técnicas de comunicación en restauración532
MP0158Empresa e iniciativa emprendedora533
MP0154O viño e o seu servizo1408
MP0045Ofertas gastronómicas875
MP0152Servizos en bar e cafetaría1408
MP0153Servizos en restaurante e eventos especiais21012
MP0159Formación en centros de traballo410
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico en Servizos en Restauración.

A que outros estudos se pode acceder?

  • A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
  • Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Dirección Cociña, Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior FP Dual Dobre Titulación en Dirección Cociña e Dirección Servizos en Restauración, Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos modalidade ordinaria e FP Dual, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística.