Saltear al contenido principal

Cociña e Restauración

  • Ciclo formativo
  • Familia: Hostalaría e turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Básico
  • Horas: 2000
  • Código: BHOT11
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que non obtivo o título de graduado en ESO. Si este é o teu caso, debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 1 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados  podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e  propiciar a túa inserción no mercado laboral.

Superar cada ano natural neste sistema de ensinanza obrigatoria, alternativa ao último ano de ESO, implica que obteñas o título de Técnico Profesional Básico, que che da opción de seguir estudando ciclos formativos de Grado Medio.  Ademais, outra opción a que che da lugar a FP Básica unha vez superado con éxito o ciclo formativo é que poidas obter o teu título de ESO.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

Realizar con autonomía as operacións básicas de preparación e conservación de elaboracións culinarias sinxelas no ámbito da produción en cociña, así como as operacións de preparación e presentación de alimentos e bebidas en establecementos de restauración e catering, asistindo nos procesos de servizo e atención á clientela, seguindo os protocolos de calidade establecidos, cumprindo as normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

Actividades por conta allea en pequenas, medianas e grandes empresas do sector da hostalaría, en establecementos de restauración, bares e cafetarías, en tendas especializadas en comidas preparadas e en empresas dedicadas ao almacenamento, o envasamento e a distribución de produtos alimenticios. Tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos dos subsectores de hotelaría e restauración tradicional, moderna ou colectiva.

Que ocupacións se desempeña?

Axudante ou auxiliar de cociña; axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas; auxiliar ou axudante de camareiro/a en sala; auxiliar ou axudante de camareiro/a en bar-cafetaría; auxiliar ou axudante de barman; auxiliar ou axudante de cociña en establecementos onde a oferta estea composta por elaboracións sinxelas e rápidas (tapas, pratos combinados, etc.); axudante de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP3036Aprovisionamento e conservación de materias primas e hixiene na manipulación1174
MP3005Atención á clientela582
MP3009Ciencias aplicadas I1756
MP3011Comunicación e sociedade I2067
MP3035Procesos básicos de produción culinaria1796
MP3034Técnicas elementais de preelaboración1756
MP3042Ciencias aplicadas II1627
MP3012Comunicación e sociedade II1356
MP3039Preparación e montaxe de materiais para colectividades e catering904
MP3038Procesos básicos de preparación de alimentos e bebidas1647
MP3037Técnicas elementais de servizo1577
MP3041Formación en centros de traballo (para acceder ás prácticas en empresa debes ter superados todos os módulos de 1º e 2º curso)3208
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico básico en Cociña e Restauración.

A que outros estudos se pode acceder?

  • A calquer ciclo formativo de grado medio, nas condicións de admisión que se establezcan.
  • Se queres continuar os teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía, Ciclo Medio de Servizos de Restauración, Ciclo Medio de Panadería, Confitería e Repostería.