SOMMTALENT FP – Premios «Suso Domínguez»
O CIFP Carlos Oroza organiza e acolle o Concurso SOMM TALENT FP «Premios Suso Domínguez» ao talento xoven en Formación Profesional de Servizos de Restauración na especialidade de Sommelier. Unha iniciativa propia do centro que combina formación especializada no ámbito do viño e competición profesional tipo Skills para alumnado de Formación Profesional.
O concurso naceu no ano 2014 en CIFP Carlos Oroza como homenaxe a Suso Domínguez, profesor de Servizos de Restauración do centro, falecido no ano 2011. Un docente comprometido coa profesión, co alumnado e cunha maneira de ensinar baseada no rigor, no respecto polo oficio e na esixencia ben entendida. O seu legado segue vivo nas persoas que formou e na cultura profesional que axudou a construír.
O SOMM TALENT FP é moito máis ca unha competición. Funciona como un campus de formación do viño, no que o alumnado vive unha experiencia real de aprendizaxe. Formación técnica, contacto con profesionais do sector e probas prácticas que avalían competencias clave. coñecemento, criterio, comunicación, servizo e toma de decisións en contexto profesional.
A competición segue un formato inspirado nas Skills, con probas deseñadas para medir o que o sector demanda hoxe. Non só saber, senón saber facer e saber estar.
O evento é tamén un punto de encontro para o profesorado procedente doutros centros. Un espazo para compartir metodoloxía, observar prácticas reais de avaliación e fortalecer rede desde o ensino público.
Para o CIFP Carlos Oroza, o SOMM TALENT FP representa unha forma clara de entender a FP pública. aprendizaxe ligada á realidade profesional, esixencia con respecto, cultura do servizo e orgullo de facer as cousas ben.

Concurso de Sumillería para Escolas de Hostalaría
Que é o SOMM TALENT FP
O SOMM TALENT FP é un campus de formación do viño e unha competición profesional tipo Skills dirixida a alumnado de Formación Profesional. Organízao e acólleo o CIFP Carlos Oroza como centro anfitrión. Naceu como homenaxe a Suso Domínguez, profesor de Servizos de Restauración do centro, falecido no ano 2011.
Participan centros de de todo o territorio nacional e de Portugal, o que o converte nun punto de encontro real da FP e do sector.
Escolas que participan
Rede Galega de centros de FP de Hostalaría de Galicia EduHostalería
Rede de Escolas de Hostalaría e Turismo de Portugal EHTP
Rede Estatal de Centros de Excelencia de FP no sector de Hostalaría e outros centros convidados de todo o territorio nacional e internacional











