Horta Oroza
Este é o nome co que se coñece a nosa horta ecolóxica, non só entre a comunidade educativa senón tamén entre a nosa contorna social na cidade de Pontevedra, e na comunidade educativa de Galicia.
A historia da Horta Oroza
Esta horta ecolóxica nace no ano 2013 como consecuencia do interese dunha parte do profesorado por reutilizar unhas zonas anexas ao centro que estaban infrautilizadas. Despois de visitar algunha horta que espertou o interese e inspirou a parte do profesorado promotor desta iniciativa, iniciouse de maneira moi humilde, o camiño da horta ecolóxica na que hoxe se converteu Horta Oroza.
En primeiro lugar, arrombouse unha pequena parte dese espazo, que se converteu nunha zona de cultivo de plantas aromáticas. A elección deste primeiro tipo de cultivo veu dado pola experiencia que o profesorado de cociña tiña en canto ao uso en cociña deste tipo de herbas, como o romeu, a albahaca, o tomiño ou a hierbabuena, que eran unha materia prima que se debía adquirir nunhas cantidades establecidas, para finalmente utilizar soamente unha parte, polo que tiñan un elevado desperdicio pola súa limitada duración, que non parecía un bo ensino para o alumnado.
Por iso, foi a primeira decisión, poder cultivar este tipo de herbas aromáticas podendo recollelas na horta directamente, e cortando exclusivamente a cantidade que se necesitaba, co que se evitaba o problema anteriormente citado.
Durante o ano 2014, participouse en Voz Natura, un programa de educación ambiental do xornal La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza. Coa participación neste programa conseguiuse un premio que permitiu instalar un pequeno invernadoiro, no que poder cultivar flores comestibles, que do mesmo xeito que as herbas aromáticas, eran unha materia prima cara e con limitada durabilidade.
Nos dous anos seguintes o espazo consolidouse, involucrouse máis profesorado e conformouse un pequeno equipo de traballo, o que permitiu ampliar a zona de cultivo e comezar a cultivar unha selección de especies hortícolas.
A horta demandaba seguir crecendo pero os recursos do centro para investir na Horta Oroza eran limitados, e por iso, no ano 2016 a través dunha práctica sobre as diferentes formas de financiamento das que dispón unha empresa, dentro do módulo de empresa e iniciativa emprendedora, púxose en marcha un micromecenado co que a horta obtivo uns ingresos de 2300 euros, que serviron para dar un paso máis, e dotar á horta dun invernadoiro de cincuenta metros cadrados e un sistema de rega automática.
Con esta adquisición, a horta seguía o seu camiño de crecemento como aula viva para o alumnado. E é leste mesmo ano, cando se produce un dos feitos que marcarán definitivamente o devir e o futuro da nosa horta. Ese ano chega o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un proxecto pioneiro en compostaxe, actualmente totalmente consolidado e premiado con numerosos distintivos internacionais, pero que naquel momento era unha experiencia piloto no que se conseguiu o chamado «residuo cero» grazas á instalación de varios centros de compostaxe comunitarios. Este proxecto permite que todos os residuos orgánicos que se xeran nos talleres de prácticas do noso centro, cociñas, pastelerías, panadería, cafetería, aula de autoservicio e aula restaurante, sexan tratados nun centro de composteros, localizado nas proximidades do noso centro, do que non salgue ningún resto de comida ou vexetal para o seu tratamento externo. O compost é un produto fertilizante natural ou emenda para a terra que se obtén da degradación de restos de comida e vexetais –biorresiduos– mesturados con materiais leñosos e secos que funcionan como estructurante.
O compost ten interesantes propiedades químicas como que aumenta a dispoñibilidade de niitrógeno, fósforo, potasio, ferro e xofre, incrementa a eficiencia da fertilización, estabiliza a reacción do chan (o ph, o seu índie de acidez), aumenta os macronutrientes e micronutrientes, inactiva os residuos de praguicidas debido á súa capacidade de absorción e inhibe o crecemento de fungos e bacterias que afectan as planta. Entre as súas propiedades físicas atopamos que incentiva a actividade microbiana, actúa como soporte e alimento dos microorganismos, incrementa a capacidade de retención de humidade, retén enerxía calórica, mellora a porosidade, permeabilidade e aireación do chan, e permite unha maior esponxosidade e retención de auga. Todas estas propiedades provocaron que a produción da Horta Oroza mellore exponencialmente, sobre todo nalgún produto como o tomate, cuxa última colleita foi impresionante, non só en calidade si non en cantidade.
O compost producido con este bio-residuos do noso centro educativo é utilizado como aboamento en Horta Oroza, o que converte á horta e ás nosas cociñas en dous elos dunha cadea de economía circular que utilizamos como exemplo, non só co noso alumnado si non co alumnado de colexios de primaria interesados en aprender sobre este tipo de economía.
Con estes antecedentes, cabe destacar as funcións que hoxe en día ten Horta Oroza para o noso centro.
Como primeira función, debemos destacar a importancia da Horta Oroza como aula viva. É un espazo que serve ao alumnado do noso centro para coñecer o ciclo produtivo de varios tipos de especies hortícolas, froitas, herbas aromáticas ou flores comestibles.
Ademais participan na plantación, coidado e recollida dos diferentes produtos que ofrece, para posteriormente cociñalos. Tamén fan estudos dos custos do producido para comparalo cos mesmos produtos adquiridos a un provedor dos habituais do centro. En parte do noso alumnado xerouse a necesidade de aprender máis, e é frecuente que informen o profesorado do centro da creación do seu propio horto urbano no seu domicilio, o que xera unha gran satisfacción polo cumprimento dun dos principais obxectivos: entender a importancia e a necesidade da existencia dos hortos, sexan urbanos ou rurais.
Tamén se converteu a Horta Oroza nunha aula para o alumnado de primaria, que coñecedor da súa existencia, interésase por coñecer como é o proceso de cultivo na mesma, aprendendo tamén sobre economía circular a través da alianza creada co Plan Revitaliza. Durante estes anos son numerosos os colexios de primaria que solicitaron a súa visita á horta, que xa ten un procedemento establecido, e que permite a este alumnado ver, tocar, cheirar, coñecer o aboamento, entender como se separan os residuos, como se transportan ata o centro de compostaxe, e como existe unha profesión moi descoñecida ata a data para a maioría deles, a de “mestre compostero”, que se ocupa da xestión dos centros de compostaxe, tratando e analizando os residuos.
Intensificouse a formación do noso alumnado en reciclaxe e xestión de residuos, que imparten parcialmente estes mestres composteros durante varias sesións. Nelas, incídese sobre a importancia de que todos debemos reducir, reusar e reciclar. Exactamente o proceso que se realiza nas nosas cociñas: formación do alumnado, aboamento con compost, produción da horta abonada, preparación de pratos cos produtos da horta, separación dos restos orgánicos para o cubo metálico de compost, e traballo dos mestres composteros na zona de preparación do compost para posteriormente abonar a horta e volver ao comezo do ciclo.
Os mestres composteros forman ao noso alumnado para que coñeza esta alternativa máis ecolóxica, sostible e amable co noso planeta. Durante tres días, o alumnado fórmase con estes mestres composteros de a Deputación de Pontevedra todos os grupos de hostalería do noso centro e dan a coñecer o Plan Revitaliza. A nosa aposta por este proxecto é total, xa que fomenta valores como a produción responsable, a economía circular, o respecto ao medio ambiente e a reutilización.
Ademais da formación cos mestres composteros, o noso alumnado recibe formación de técnicos especialistas de Sogama, que lles ensinan particularmente a separación correcta do lixo orgánico e do resto de residuos.
A segunda función principal de Horta Oroza é a de provedor de materias primas para os nosos talleres, auténtico produto quilómetro cero que poden gozar tanto o alumnado e profesorado do centro durante as prácticas nas cociñas ou restaurante, como tamén os usuarios externos do restaurante de prácticas, xa que moitas das materias primas coas que se confeccionan os menús dos que gozan, inclúen nos seus ingredientes os produtos da horta.
Produtos que se obteñen na Horta Oroza
Nébeda • Xarxa • Incenso • Laurel • Herba Luísa • Menta de varios tipos • Coandro • Melisa • Albahaca • Ourego • Romero • Perexil • Ruda • Tomiño • Cebollino • Capuchina • Morote silvestre • Fisalis • Moura • Arándano • Goji • Frambuesa • Grosella • Magnolia • Maracuyá • Grelos e nabicol • Leitugas de varios tipos • Tomates de varios tipos • Guisantes • Berenjenas • Allo porro • Piparras • Apio verde (rama) • Rabanitos • Espinaca • Allos tenros • Repolo • Ruibarbo • Pepino • Cenorias • Pementos de Padrón • Aceda • Tomate Monterosa • Tomate Kumato mini • Cebola doce • Cebola morada • Espinaca rastrera • Piparras Gernika • Remolacha • Pataca amarela • Pataca chinesa • Limón • Cebollino liso • Caravel chinés • Chile • Espárrago de varios tipos • Caravel • Begonia • Capuchina • Geranio • Crots • Caléndula
Aínda que o alumnado que goza de máis produtos para as súas prácticas é o de cociña, debemos destacar a aplicación que o alumnado de servizos fai das herbas aromáticas coas que confeccionou unha carta de infusións que se ofrece aos usuarios do restaurante de prácticas do centro.
Outra función destacada da horta é a de escaparate dunha metodoloxía didáctica, a de incorporar a aula viva e todo o que nos ofrece á aprendizaxe ordinaria do alumnado. Iso permitiu que centros, tanto de Galicia como do resto de España fixáronse no uso que o noso centro fai da horta ecolóxica e puxéronse en contacto co centro ou nos visitaron para coñecer como funciona.
A horta tamén está a servir como laboratorio de creatividade, no que o alumnado e profesorado desenvolven sinxelos produtos de utilidade para a vida diaria do centro como o aceite hipérico ou un insecticida ecolóxico a partir dos cultivos que se desenvolven na horta.
Laboratorio de creatividade
Ás veces cos produtos que nos proporciona a natureza poderiamos obter remedios naturais de múltiples aplicacións. O caso da herba de San Xoán (Hipérico) é un deles. Nace durante o mes de xuño de maneira espontánea nas beiras dos camiños polo que adoita pasar desapercibida. Na nosa horta tamén nace, pero neste caso decidiuse darlle un uso de gran utilidade para os que traballan nas cociñas. Coa herba de San Xoán podemos obter un aceite natural, de uso tópico, que ten moitas aplicacións. Os ingredientes e o proceso de obtención é o seguinte:.
Ingredientes: Flores da herba de San Xoán e aceite de sementes de girasol, preferentemente Bio
- Proceso 1. Recollemos as flores de San Xoán e poñémolas nun bote de vidro.
- Proceso 2. Cubrimos completamente co aceite de girasol. e tapamos o envase.
- Proceso 3. Deixamos en maceración durante 30 ou 40 días nun lugar iluminado polo son, pero sen que o envase reciba directamente os raios de sol.
- Proceso 4. Pasado o tempo de maceración o aceite volverase de cor vermella intenso. É entón cando procedemos a filtralo e a envasarlo en botes de vidro reciclados.
Para que serve?
O aceite de hipérico ou de herba de San Xoán é de uso tópico. Emprégase para aliviar as queimaduras do sol ou as sufridas durante as prácticas na cociña, erupciones na pel por rozaduras ou picaduras de insectos. Aplícase en pouca cantidade realizando unha suave masaxe circular pola zona afectada.
A consuelda é unha planta herbácea que moitas veces non se lle dá valor e coa que o noso alumnado e profesorado facer valer algunha das súas propiedades. A consuelda é unha fonte de fertilizante rico en potasio cuxas raíces profundas captan nutrientes de capas que son inalcanzables para a maior parte de raíces doutros cultivos, achegándoos ás capas superiores do chan e facéndoos accesibles ao resto de plantas. Os usos que se lle están dando en Horta Oroza son principalmente como ingrediente do compost, como insecticida natural ou xurro, xa que mesturado con auga repele os insectos dos cultivos, serve para que gasterópodos como a babosa ou o caracol entretéñanse con esta planta e mantéñanse afastados doutras plantas ou tamén como fertilizante líquido, co mesmo procedemento que o insecticida natural, deixando as follas en auga durante unhas semanas, convértese nun líquido escuro moi rico en nutrientes.
Outra das funcións da horta é a de servir como aula de Innovación e Desenvolvemento (I+D) sendo utilizada para facer probas co cultivo de sementes proporcionadas polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).