Saltear al contenido principal

FP DUAL Plurilingüe Xestión de Aloxamentos Turísticos

  • Ciclo Formativo FP DUAL
  • Familia: Hostalaría e turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Superior

A quen vai dirixido?

Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional dos aloxamentos turísticos combinando períodos de formación no centro educativo con períodos de aprendizaxe traballando en hoteis. Para acceder debes estar en posesión do título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.

No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: o Hotel “Casual Oroza”, o taller de habitación, recepción, lavandería/lencería, Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, a Cafetería-GastroBar “Suso Domínguez”, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza, aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.

A formación DUAL para o curso 2023-2024 realizarase nas seguintes empresas:

Hoteis da cadea  Eurostars Hotel Company,(26 prazas)

Hotel Pepe Vieira – 2 prazas

Hotel Nagari – 1 praza

Hotel Gran Talaso Sanxenxo – 1 praza

Podes consultar AQUÍ o convenio no que se regulan as ensinanzas, duración dos módulos, condicións nas que vas a realizar a formación nos hoteis, os períodos e a remuneración.

Os períodos de formación alternan 6 meses de formación no centro e 6 meses en hoteis, nos 2 anos de duración do ciclo formativo adquirirás 1 ano de experiencia laboral.

Recibirás unha remuneración polo traballo desenvolto no período de formación en empresa correspondente a 500€/mes, ademáis poderás ter aloxamento sí o centro de traballo (hotel) non esta próximo ao teu domicilio.

Máis do 90% do alumnado que cursou FP Dual no Carlos Oroza recibeu unha oferta de emprego na mesma cadea hoteleira.

Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

Organizar e controlar establecementos de aloxamento turístico, aplicando as políticas empresariais establecidas, controlando obxectivos dos departamentos, accións comerciais e os resultados económicos do establecemento, prestando o servizo na área de aloxamento e asegurando a satisfacción da clientela.do segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, nomeadamente no subsector dos aloxamentos turísticos hoteleiros e que exerce as súas actividades en labores de xestión, dirección e supervisión en áreas funcionais de recepción, reservas, pisos e eventos.

Que ocupacións se desempeña?

Subdirector/ora de aloxamentos de establecementos turísticos. Xefe/a de recepción. Encargado/a de reservas. Xefe/a de reservas. Coordinador/ora de calidade. Gobernante/a ou encargado/a xeral do servizo de pisos e limpeza. Subgobernante/a ou encargado/a de sección do servizo de pisos e limpeza. Xestor/ora de aloxamento en residencias, hospitais e similares. Xestor/ora de aloxamento en casas rurais. Coordinador/ora de eventos. Xefe/a de vendas en establecementos de aloxamentos turísticos. Comercial de establecementos de aloxamentos turísticos.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos.