Saltear al contenido principal
COMIDA PARA LEVAR

Dentro da oferta gastronómica, ofrecemos un servizo de comida para levar. Este tipo de servizo poderá contribuir ao avance da aprendizaxe do alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Dirección de Cociña realizando un pedido de comida para levar a domicilio.

O servizo de pedidos para levar funcionará os venres e comezará a partir do venres 17 de outubro. Este servizo so se efectuará nos venres lectivos previstos para elo, polo que  interrumpirase durante as vacacións de Nadal, Semana Santa e outros días non lectivos previstos no calendario escolar. Do mesmo xeito, como calquera actividade de aprendizaxe está suxeita a cambios no seu desenvolvemento se a planificación escolar do grupo ou do centro educativo así o require.

Cada semana ofreceranse varias ofertas de menús diferentes coas que o alumnado validará o seu aprendizaxe durante as clases. Tódolos menús están baseados na gastronomía tradicional, procurando que sexan nutricionalmente equilibrados.

Toda a información sobre os menús para levar ao longo do curso publicarase neste apartado.

Recoméndase transportar as elaboracións no menor tempo posible. Sí se vai conxelar algún producto, e aconsellable facelo no mesmo día para garantir un mellor resultado así como a seguridade alimentaria.

Para realizar o pedido clicar no seguinte botón

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.