Saltear al contenido principal

Coordinación do persoal en Reunións Profesionais, Congresos, Ferias, Exposicións e Eventos

  • Familia: Hostalaría e Turismo
  • Sistema educativo: LOOIFP
  • Grao: Medio
  • Horas: 600
  • Código: E2HOT005100
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Esta formación está dirixida ao alumnado interesado en introducirse no sector MICE (Meetings, Incentives, Conventions and Exhibitions). Trátase  dun sector en auxe que require profesionais capaces de deseñar, xestionar e executar eventos profesionais, feiras, congresos e encontros corporativos con criterios de calidade, sustentabilidade, innovación e excelencia, integrando competencias en xestión, protocolo, sustentabilidade, comunicación e tecnoloxías aplicadas ao turismo de negocios.

Cales son os requisitos de acceso?

Para acceder a esta formación, é necesario estar en posesión dalgún destes títulos:

  • Técnico Superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos
  • Técnico en Servicios en Restauración
  • Técnico en Xestión Administrativa
  • Técnico Superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
  • Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas
  • Técnico Superior en Dirección de Servicios de Restauración
  • Título de Técnico en Actividades Comerciales
  • Técnico en Comercialización de productos alimentarios

Que se aprende a facer?

Identificar, colaborar e apoiar na selección, formación e supervisión dos equipos de persoas que prestan servizos á organización de reunións profesionais, incentivos, convencións, congresos, exposicións, ferias e eventos.

En que ámbitos se traballa?

A competencia xeral deste Curso de especialización en Coordinación do persoal en reunións profesionais, congresos, feiras, exposicións e eventos, consiste en identificar, colaborar e apoiar na selección, formación e supervisión dos equipos de persoas que prestan servizos á organización de reunións profesionais, incentivos, convencións, congresos, exposicións, feiras (Meetings, Incentives, Conferences and Exhibitions, en diante MICE) e de eventos; utilizando unha lingua estranxeira, segundo o protocolo do plan operativo definido e os estándares de calidade, seguridade e cumprindo a normativa vixente..

Que ocupacións se desempeña?

• Organizadores e Coordinadores de Eventos: Son quen planifica e executan eventos de diversas índoles (sociais, institucionais, culturais ou deportivos), ademais de xestionar os recursos humanos e materiais necesarios.
• Técnicos de Congresos e Eventos: Expertos que traballan en organizacións como empresas de congresos, axencias de viaxe ou centros de convencións, encargándose dos aspectos técnicos e loxísticos de grandes eventos.
• Supervisores de Persoal de Apoio: Xestionan os equipos de azafatas e azafatos, asegurando que os asistentes sexan recibidos, informados e asistidos durante todas as fases do evento, desde a súa chegada a aeroportos ou estacións, ata a participación en campañas promocionais ou actos de protocolo.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP5135Reunións profesionais, congresos, incentivos, feiras e exposicións (MICE)2007
MP5136Operativa en accións de márketing, promocións e venda de eventos1806
MP5137Protocolo aplicado a reunións profesionais e eventos1304
MP5138Inglés de especialización903
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

  • Título de Especialista en Organización de Congresos, Feiras e Eventos (MICE)
  • Nivel: Formación Profesional de Especialización (nivel 5 do Marco Europeo de Cualificacións – EQF)

Este título está incluído dentro do catálogo de Cursos de Especialización de FP, recoñecidos a nivel estatal, e ten validez académica e profesional en todo o territorio nacional. Permite ampliar e actualizar competencias nun sector altamente demandado, facilitando a inserción profesional e o desenvolvemento de carreiras especializadas no ámbito dos eventos, o turismo de negocios e a xestión de encontros profesionais.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.