Oroza no Mercado
Continuarán as actividades do proxecto Oroza no Mercado, unha iniciativa formativa que permite ao noso alumnado poñer en práctica os seus coñecementos nun contexto real, ofrecendo ao público propostas gastronómicas en formato petisco no Mercado de Pontevedra.
Cómpre lembrar que trátase dunha proposta enmarcada nun contexto formativo de ensino e aprendizaxe e que non se trata cunha contorna profesional senón que é un paso máis na formación do futuro do sector hostaleiro galego.
Se vostede quere participar desta actividade formativa que propón o noso alumnado pode facelo a través desta pasarela de reservas.
Co fin de que o maior número de persoas podan desfrutar destas xornadas non se permitirán peticións de máis de catro comensais por reserva nin tampouco duplicidade de peticións (que a mesma persoa trate de reservar en máis dunha ocasión).
Esta actividade procura mellorar as competencias profesionais do alumnado que participa nela sendo ao mesmo tempo unha colaboración do CIFP Carlos Oroza co Concello de Pontevedra e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
