IGUALOROZA
Esta é a denominación na que se recollen tódalas actuacións do noso centro relacionadas co fomento da igualdade e o feminismo, como movemento en prol da igualdade de dereitos entre homes e mulleres.
No CIFP Carlos Oroza temos constituida unha comisión de igualdade desde o 24 de setembro de 2019, da que forman parte:
- Presidenta da comisión de igualdade: Pilar Tallón Silvosa, vicedirectora do centro
- Representante do departamento de Información e Orientación Laboral: María del Carmen Veira Pérez, orientadora do centro.
- Representante do departamento de Formación e Orientación Laboral: Teresa Barreiro Abilleira, profesora de FOL.
- Representantes do alumnado: Adriana Honorato Cavadas de 2º de CS Xestión de Aloxamentos Turísticos e Jorge Domínguez Lorenzo de 2º CM Servizos en Restauración
O CIFP Carlos Oroza, como centro educativo de formación profesional debe sustentar o seu plan de igualdade, tanto nos aspectos relacionados cos principios fundamentais recollidos nos Plans Estratéxicos de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e que se perfila como o instrumento marco para reducir as brechas de xénero existentes nos distintos ámbitos.
O plan de igualdade baséase nos principios de valores democraticos, transversalidade, inclusión, igualdade de oportunidades e visibilidade e recolle os obxectivos, liñas de actuación e actividades previstas cada curso.
As diferentes actividades que se realizan cada curso, son recollidas no blogue de IgualOroza.
Para visitar o blogue de IgualOroza, preme neste enlace: IgualOroza