A quen vai dirixido?
Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional dos servizos de restauración e todo o que xira no seu entorno nun perfil de dirección e organización. Para acceder debes estar en posesión do título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, a Cafetería-GastroBar “Suso Domínguez”, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza, aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo de alimentos e bebidas en restauración, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, e prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas de restauración do sector público ou do privado. Neste caso, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección ou a xerencia dun restaurante, ou do superior xerárquico equivalente. Tamén poden desenvolver a súa actividade profesional no ámbito do comercio de viños e outras bebidas, ben na venda directa, ou ben na distribución ou na asesoría.
Que ocupacións se desempeña?
Director/ora de alimentos e bebidas; supervisor/ora de restauración moderna; «maître»; xefe/a de sala; encargado/a de bar-cafetaría; xefe/a de banquetes; xefe/a de operacións de cátering; «sommelier»; responsable de compra de bebidas; encargado/a de economato e adega.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|---|---|---|---|
1º | MP0496 | Control do aprovisionamento de materias primas | 53 | 2 |
1º | MP0514 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 |
1º | MP0502 | Gastronomía e nutrición | 53 | 2 |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 |
1º | MP0509 | Procesos de servizos en bar-cafetaría | 240 | 9 |
1º | MP0510 | Procesos de servizos en restaurante | 267 | 10 |
1º | MP0501 | Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias | 80 | 3 |
2º | MP0515 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 |
2º | MP0512 | Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración | 140 | 8 |
2º | MP0513 | Proxecto de dirección de servizos en restauración | 26 | |
2º | MP0504 | Recursos humanos e dirección de equipos en restauración | 53 | 3 |
2º | MP0180 | Segunda lingua estranxeira | 157 | 9 |
2º | MP0511 | Sommelier | 157 | 9 |
2º | MP0503 | Xestión administrativa e comercial en restauración | 70 | 4 |
2º | MP0516 | Formación en centros de traballo | 384 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Dirección de servizos de restauración.
A que outros estudos se pode acceder?
- A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
- Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos modalidade ordinaria e FP Dual, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística. Tamén tes acceso a cursar o Curso de Especialización “Master en Panadería e Bolaría Artesanal”.