
Uso de espazos do centro
Continuando coa labor que o CIFP Carlos Oroza ten encomendada, de promover a formación profesional e impulsar a innovación nos sectores da hostalería, turismo e industria alimentaria, coa finalidade de prestar un servizo ás entidades públicas e privadas colaboradoras do centro, póñense a disposición equipamentos e recursos para a impartición de microformacións, I+D+I, presentación de produtos e testeo de equipamentos.
Para poder acceder a este servizo, será preciso cumprir as seguintes condicións:
- Estar aliñado coa misión do CIFP Carlos Oroza de favorecer a formación profesional, a innovación e a transferencia de coñecemento, cunha dinámica aberta a colaboración.
- Ter firmado un contrato de compromiso, de carácter único por cada actividade a desenvolver, que garanta a correcta utilización do servicio e o cumprimento dos obxectivos. En ningún caso ás actividades terán un carácter lucrativo.
- Realizar a correspondinte solicitude a través do enderezo electrónico direccion.cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal indicando os datos da entidade, persoa de contacto, actividade a desenvolver e finalidade obxecto de uso do servizo.
- Unha vez recibida a solicitude, en caso de ser viable, enviarase o contrato de compromiso e o acordo de colaboración.