Saltear al contenido principal

Espazos formativos

O noso centro ten diferentes espazos adicados á formación do noso alumnado.

Aulas taller

Aulas teóricas

Aula taller restaurante Álvaro Cunqueiro

O noso centro pon á disposición de toda a comunidade educativa e mesmo a persoas alleas ao centro un restaurante pedagóxico, xestionado polo alumnado dos ciclos de Cociña e Gastronomía, Dirección Cociña e Panadería. Respostaría e confeitaría, na parte de elaboracións culinarias e sobremesas, como por alumnado de Servizos en Restauración ou Dirección de Servizos no que se refire ao servizo no comedor.

Por tratarse dunha aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo:

  • A entrada na aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse antes das 14.30 horas. Non se permitirán entradas na mesma a partires de dita hora, agás excepcións.
  • A saída da aula taller Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse como máximo ás 16.15 horas, xa que a hora de remate das clases é as 16.30 horas e o alumnado necesita dun tempo para recoller e cambiarse.
  • Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase polo que haberá que respectar ao máximo o traballo e as actividades que se estean a realizar durante o mesmo.
  • Os prezos dos servizos, tanto para alumnado e persoal do centro como para persoas alleas será establecido a principio de cada curso.
  • Non se admiten propinas.

Aula taller Autoservizo

Nesta aula taller desenvólvese un servizo de xantar que ten como destinatarios, prioritariamente, ao alumnado do centro implicado no desenvolvemento dos servizos no taller restaurante Álvaro Cunqueiro. Tamén poderán facer uso do mesmo o alumnado, profesorado e o persoal do centro, sempre e cando haxa dispoñibilidade de aforo e previa reserva, e será regulado cada curso polo Departamento de Hostalaría e Turismo.

Cada grupo estará acompañado dun docente que velará polo correcto desenvolvemento da actividade na aula de self service durante a comida. Este servizo ten un custe para todos os usuarios do que se informará ao inicio de cada curso.

Aula taller cafetería “Suso Domínguez”

A aula taller cafetería ofrece servizo exclusivamente á comunidade educativa e excepcionalmente a algún convidado por esta. Este servizo desenvólvese durante a media hora de recreo das mañás nos días da semana establecidos para elo.

Por tratarse dunha aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo:

  • A entrada na aula taller deberá efectuarse unha vez dea comezo o recreo, ás 11:30 horas. Non se permitirán entradas na mesma antes desa hora, salvo expreso permiso do docente encargado do aula nese momento.
  • A saída da aula taller deberá efectuarse como máximo ás 12.00 horas, salvo expreso permiso do docente encargado.
  • Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase, polo que haberá que respectar ao máximo o traballo e as actividades que se estean a realizar.

Aula viva Horta Oroza

Espazo creado no recinto do centro dentro da zona verde, destinado a formación e concienciación no cultivo de produtos da horta (hortalizas, verduras, aromáticas, froitos, etc). Este espazo educativo fomenta os valores da gastronomía sustentable e ecolóxica, así como temén os hábitos de alimentación saudables e a sensibilización medio ambiental.

A horta pode ser utilizada polo profesorado para a formación, a innovación e investigación co alumnado nos ámbitos anteriormente mencionados.Este espazo tamén se utiliza para a recepción de visitas de persoas ou colectivos interesados no seu funcionamento como aula viva para o alumnado e profesorado do centro.

Aula móbil PonteVan

O Aula Móbil Pontevan é o resultado do proxecto de innovación coordinado polo CIFP Carlos Oroza e realizado de xeito colaborativo entre os centros CIFP A Xunqueira, IES Montecelo, IES Frei Martín Sarmiento, co patrocinio das empresas Grupo Hedomín, Martínez Otero Contract, Fagor, CimaLab e Galtex2015. O proxecto foi premiado no ano 2016 pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

O espíritu deste proxecto foi o deseño e a creación dun vehículo de comida na rúa “Food Truck” a través do traballo colaborativo de centros de formación profesional e empresas, que permite facer prácticas reais ao alumnado das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias, así como participar en campañas de difusión e fomento das boas prácticas resultado da formación profesional e como modelo de emprendemento.

ReCreO (Recuncho Creatividade Oroza)

Este espazo foi creado para a súa utilización como punto de venta de productos de panadaría e pastelaría, e outros productos que deriven das prácticas nos talleres do alumnado, principalmente co obxectivo de transmitir valores relacionados coa alimentación saudable. A súa apertura estará condicionada pola disponibilidade dos grupos implicados na venta destes productos. O pago dos mesmos será exclusivamente en Orozamoedas, que se poden adquirir na conserxería do centro.

Este espazo tamén foi concebido como un escaparate para a presentación de productos ou servizos derivados dos proxectos de emprendemento que realice o alumnado no módulo de EIE.

Aula de I+D

A aula I+D+i é un espazo cun formato de “auditorio gastronómico” de 130 metros cadrados que está dividida en dúas partes: unha cociña demostración e unha grada con capacidade para 60 persoas.

A zona da cociña dispón dun “office” e dispón dos elementos máis modernos do mercado como a placa de indución, a parrilla grill e a plancha xaponesa, equipada por Fagor Industrial. Esta zona da aula tamén conta cun forno Rational. A zona do auditorio foi construída pola empresa estradense Martínez Otero Contract.

Esta aula conta con medios audiovisuais que permiten a proxección e a gravación, ademáis de poder seguir en directo as presentación que se realizan nela.

Esta aula taller está adicado principalmente á formación, a investigación e á innovación aplicada á cociña a través das clases maxistrais e demostrativas que desenvolven nela coñecidos profesionais do sector, á valorización do patrimonio agroalimentario e gastronómico galego a través da exposición de produtos que os produtores e empresas realizan nela, e á divulgación de boas prácticas para o alumnado.

Aula de emprendemento

Esta aula foi concebida no ano 2021 ao abeiro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, EduEmprende, para o fomento do espírito emprendedor pola que se convocaron axudas para o desenvolvemento deste tipo de aulas.

Nesta aula realízanse actividades formativas para o fomento das habilidades e competencias do alumnado para ter un enfoque emprendedor, tales como as persoais, sociais, relacionais, de comunicación, de definición de produto ou de desenvolvemento de prototipos e propostas.