Acreditación de competencias
A acreditación de competencias é un proceso que permite recoñecer unidades de competencia profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Esas unidades de competencia son as que configuran nas cualificacións profesionais reguladas polo Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.
Trátase dun procedemento que pode incrementar as posibilidades de inserción laboral dos candidatos e mellorar o seu perfil profesional mediante a obtención de títulos oficiais. Ademais, favorece a aprendizaxe ao longo da vida, debido a que achega información sobre as accións formativas máis convenientes para cada candidato.
O procedemento de avaliación e acreditación de competencias pasou a ter un carácter aberto e permanente, é dicir calquera persoa pode acceder ao procedemento en calquera momento e pode acreditar mediante este proceso as competencias profesionais dun módulo profesional e posteriormente solicitar a convalidación deste.
Requisitos de participación
Ter mínimo 18 anos, para as unidades de competencia de nivel 1.
Ter feitos 20 anos, para as de nivel 2 e 3.
Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído como persoa residente comunitaria ou familiar deste, no ámbito da aplicación do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
Experiencia laboral
Unidades de competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
Unidades de competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos 2 anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
Formación no formal
Mínimo acreditar 200 horas para unidades de competencia de nivel 1.
Mínimo ter 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes da presentación da solicitude.
As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados anteriormente e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presenten a xustificación, mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación.
Como realizar unha solicitude
A solicitude de participación no procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias (Procedemento ARA) deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia:
Previamente deberán cubrise os datos correspondentes a través da aplicación informática ACREDITA: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita.
Prazo de solicitudes
Procedemento aberto con carácter permanente.
Presentación sobre o procedemento ARA:
Descargar presentación
Máis información no seguinte enlace Acreditación de competencias | Xunta de Galicia
Contacto para máis información no CIFP Carlos Oroza
- Departamento de acreditación e probas: acreditacion.cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal
- Departamento de Información e orientación profesional: orientacion.cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal
- Dinamización de relación con empresas de FP Dual: dre.cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal
A xefa de departamento de acreditación e probas é a profesora Marta Abad Maquieira.