Probas libres
Os títulos de formación profesional pódense obter a través da superación de:
- Os ciclos formativos nos centros educativos, tanto polo réxime ordinario como polo réxime para as persoas adultas.
- Probas para a súa obtención directa (estas son as denominadas probas libres).
Actualmente na Comunidade Autónoma de Galicia, e dentro do sistema educativo, realízanse as seguintes convocatorias de probas libres:
- As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
- Probas libres de títulos extinguidos LOXSE.