A quen vai dirixido?
Esta formación está dirixida ao alumnado interesado en introducirse no ámbito profesional do servizo de sala.
Cales son os requisitos de acceso?
Para acceder a esta formación, é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Dispor do título de graduado en ESO, título de FP Básica ou superar a proba de acceso correspondente.
- Ser maior de idade ou cumprir os 18 anos durante o ano 2026.
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao medio.
Que se aprende a facer?
Aprenderás todas las competencias operativas, técnicas y de protocolo necesarias para hacer una labor auxiliar en el servicio en la sala de cualquier establecimiento hostelero.
En que ámbitos se traballa?
Esta profesión desenvólvese en sectores e subsectores produtivos dedicados á elaboración e servizo de alimentos e bebidas, especialmente no sector da hostalaría, incluíndo as áreas de hostalaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva). As persoas tituladas poderán desempeñar a súa labor en empresas de diversos tamaños (grandes, medianas e pequenas) do sector hostaleiro, así como emprender por conta propia en pequenos establecementos de restauración.
Que ocupacións se desempeña?
As ocupacións que se pode desempeñar ao finalizar esta formación son:
Camareiro/a de restaurante
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
|---|---|---|---|---|
| 1º | IPE 1 (a distancia) | 107 | ||
| 1º | MP0151 | Operacións básicas de restaurante | 310 | 12 |
| 1º | MP031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 | 3 |
| 1º | MP0156 | Inglés profesional | 60 | 3 |
| 1º | MP0153 | Servizos en restaurante e eventos especiais | 331 | 12 |
Que título ou acreditación se obtén?
Ao finalizar a formación, o alumnado obterá un certificado profesional recoñecido pola Xunta de Galicia. Este nivel formativo corresponde á categoría 2 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais , o que servirá de base para a continuación de estudos regulados, posibilitando unha carreira académica e profesional no ámbito da Formación Profesional. Ademais, estes estudos poden ser convalidados total ou parcialmente para cursar un futuro ciclo formativo de grao medio de Servizos en Restauración.
