Saltear al contenido principal

Formación para o emprego

Ademais da oferta de formación que conduce á obtención dun título de FP, o noso centro tamén dirixe a súa oferta para a obtención de certificados de profesionalidade do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, mediante accións formativas para persoas desempregadas (Cursos AFD).

Estes cursos prográmanse anualmente segundo convenio entre a Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades e a Consellería de promoción de emprego e igualdade, e están financiados polo fondo social europeo. Teñen carácter totalmente gratuíto e susceptibles de beneficiarse de axudas para desprazamento, entre outras.

Os cursos ofertados poden ser de nivel 1, 2 ou 3, e para poder acceder a un deles é necesarios cumprir dous requisitos:

  1. Estar rexistrado como demandante de emprego.
  2. Acreditar que se está en posesión do requisito de acceso:
    • Cursos de Nivel 1: Para acceder a un curso de nivel 1 non existen requisitos.
    • Cursos de Nivel 2: Para acceder a un curso de nivel 2 debe acreditarse unha destas tres situacións:
      1. estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente
      2. estar en posesión do certificado de competencias clave de nivel 2
      3. ou ben realizar con anterioridade un curso de nivel 1 da mesma familia e sector profesional
    • Cursos de Nivel 3: Para acceder a un curso de nivel 3 debe acreditarse unha destas tres situacións:
      1. estar en posesión do título de bacharelato ou equivalente
      2. estar en posesión do certificado de competencias clave de nivel 3
      3. ou ben realizar con anterioridade un curso de nivel 2 da mesma familia e sector profesional

As persoas interesadas deben poñerse en contacto coa oficina de emprego manifestando o seu interese polos devanditos cursos para que sexan incluídos na selección que se faga no seu día. Unha vez autorizada a oferta anual publicaranse os cursos e as súas datas de realización aproximada.