Saltear al contenido principal

Taller Restaurante Álvaro Cunqueiro

O Restaurante Pedagóxico Álvaro Cunqueiro é un aula aberta, no que o alumnado de hostalería, realiza as súas prácticas de cociña e servizo de atención ao cliente no restaurante nun entorno real de aprendizaxe.

O centro pon á disposición de toda a comunidade educativa e  a persoas alleas ao centro un servizo de restaurante.

Para o curso 2024-2025 desenvolverase o servizo desde outubro a maio e as reservas abriranse cun mes de antelación.

Por tratarse dun aula na que no momento do servizo estase a impartir unha clase, ten unhas normas de uso que especificamos a continuación, e son de obrigado cumprimento para calquera dos usuarios do mesmo.

Normas de uso do Restaurante e reservas:

  • MOI IMPORTANTE:  O restaurante pedagóxico NON é un restaurante ao uso, senón un aula de formación polo que a actividade nese aula SEMPRE estará supeditada á planificación académica. Isto significa que, en ocasións, poden xurdir necesidades formativas, axustes na programación ou imprevistos que obriguen a cancelar o servizo de restaurante. Neste caso enviarase con antelación unha mensaxe ao usuario informando da anulación da reserva.
  • A entrada na AULA Restaurante Pedagóxico Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse entre as 14:00 e as 14.30 horas. Os comensais serán chamados polo alumnado que realiza a práctica por orde de chegada nesa franxa horaria  Non esta permitida a entrada a aula sen previamente ser atendido e recibido polo alumnado ou profesorado, nin entradas no mesmo a partires das 14:30 horas.
  • A finalización da actividade do aula Álvaro Cunqueiro deberá efectuarse como máximo ás 16:00 horas, xa que a hora de remate das clases.
  • Terase en conta en todo momento que o alumnado que realiza o servizo está en clase polo que terase que respetar ao máximo o traballo e as actividades que se estén a realizar durante o mesmo.
  • O prezo do menú xenérico é de 15 € de luns a xoves. Os venres realízanse eventos con maridaxe cun prezo de 18€. Os eventos especiais, como os menús de nadal, terán un prezo de 25€
  • As RESERVAS abriranse cun mes de antelación e realizaranse en liña clicando AQUI
Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.