Saltear al contenido principal

Biblioteca

A biblioteca do CIFP Carlos Oroza concívese como un espazo para a lectura e a consulta do banco de recursos educativos. Nela poderás atopar unha ampla bibliografía especializada nos eidos da gastronomía, o turismo, a industria alimentaria, os idiomas, o emprendemento, a innovación e a lingua e cultura galega.
No EspazoAbalar podes consultar materiais de ciclos formativos.

O CIFP Carlos Oroza entende a súa biblioteca como un espazo de uso común que debe ser respectado ao máximo por tódolos membros da comunidade educativa por tratarse dun punto de encontro de usuarios afeccionados á lectura, alumnado que desexa estudar, que utiliza os equipos informáticos para a realización de traballos como tarefa das súas clases, etc.

Obxectivos

  • Asegurar a toda a comunidade educativa o acceso ao fondo de recursos bibliográficos dos que dispón a nosa biblioteca.
  • Impulsar actividades que fomenten a lectura como medio de entretemento e información.
  • Recompilar toda a documentación existente no centro, así como os materiais e recursos didácticos relevantes.

Horarios e gardas

O horario rexerase polas gardas asignadas ao profesorado pola Xefatura de Estudos, debéndosecumprir obrigatoriamente na biblioteca.

  • O servizo de préstamo realizarase en horario do recreo.
  • Só poderá realizar préstamos dos fondos da biblioteca o profesorado de garda, que OBRIGATORIAMENTE deberá utilizar a aplicación informática MEIGA.
  • A retirada de calquera fondo farase indicando o número de lector e a presentación do NIF
  • Antes de realizar o préstamo o profesorado de garda debe comprobar que o usuario ou usuaria non ten ningún fondo pendente de devolución. Se un usuario/a ten fondo pendente de devolución, non poderá levar prestado ningún documento ata a devolución dos que estean pendentes, non tendo dereito á renovación.
  • Os fondos a disposición do alumnado serán os libros, revistas, vídeos, DVD e casetes.
  • Non se prestarán o resto de materiais especiais almacenados e catalogados na biblioteca como os libros marcados como non prestables, as coleccións ou algunhas revistas.

Os prazos de préstamo serán:

  • Alumnado: 15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa non podendo prorrogarse este prazo ata transcorrer unha semana dende a súa entrega.
  • Profesorado: 15 días, podendo levar ata 3 libros ou fondos por persoa.
  • No caso de que algún alumno ou alumna continúe sen devolver o fondo prestado, e o período de retención do mesmo supere os 20 días, o caso será levado a Xefatura de
  • Estudos, e terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia.
  • A biblioteca dará tamén servizo de consulta dos seus fondos a persoas alleas á comunidade educativa, pero non se lles facilitará en préstamo.