Saltear al contenido principal

Bolsa de emprego

No CIFP Carlos Oroza disponse dunha bolsa de emprego xestionada polo departamento de Información e Orientación Profesional.

A xestión da bolsa de emprego ten establecido un protocolo mediante o cal se desenvolve:

  • Recepciónase a oferta por parte dos empresarios ou de recursos humanos no DIOP, cubrindo  unha  ficha  interna  con  todos  os  datos.  Posteriormente, previa autorización da empresa a oferta publícase na plataforma EmpleaFP e as redes sociais do departamento.
  • Elabórase unha etiqueta coa información básica da oferta e un código, elemento básico para que o alumnado titulado solicite os datos da oferta e o contacto da empresa.
  • Publícase  esta  etiqueta  nas  redes sociais  do  DIOP:
  • O alumnado do centro que estea interesado nas ofertas de emprego publicadas, debe poñerse en contacto co departamento de Información e Orientación Profesional. Unha vez verificada a identidade do interesado ou interesada como alumnado ou exalumnado do centro se lle facilita a información da oferta de emprego na que teña interese.
  • A información se lle proporciona ao alumnado seguindo un principio de non discriminación, e se lle facilita o contacto da empresa se cumpre os requisitos de titulación e experiencia requiridos. O centro non realiza, en ningún caso, selección de alumnado para ningún posto de traballo dos ofertados na bolsa de emprego.
  • Se se precisa máis información sobre o procedemento da bolsa de emprego, contacten co departamento de Información e Orientación Profesional: orientacion.cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal

Nos seguintes enlaces podes obter información sobre outras vías para atopar emprego:

EMPLEAFP

É unha bolsa de emprego nada da colaboración entre centros de Formación Profesional e as empresas. Baixo o paraugas da asociación FPEMPRESA, é un proxecto sen ánimo de lucro que se centra en potenciar a FP na nosa sociedade, e facilitar a inserción laboral do alumnado titulado no ámbito nacional.

Rexístrate e accede a todas as ofertas