Saltear al contenido principal

Cociña e Gastronomía

  • Ciclo formativo
  • Familia: Hostalaría e turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: medio
  • Horas: 2000
  • Código: MHOT01
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional da cociña e todo o que a rodea. Para acceder debes ter o  título de graduado en ESO, título de FP Básica ou mediante proba de acceso.

No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: as aulas taller de cociña completamente equipadas, o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza”, aula tecnolóxica, aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.

Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 2 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e  propiciar a túa inserción no mercado laboral.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

Executar as actividades de preelaboración, preparación, conservación, terminación e presentación, e servizo de todo tipo de elaboracións culinarias no ámbito da produción en cociña, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector de hostalaría, aínda que tamén poden traballar por conta propia en pequenos establecementos do subsector de restauración. En sectores e subsectores produtivos e de prestación de servizo onde se desenvolvan procesos de preelaboración, elaboración e, de ser o caso, servizo de alimentos e bebidas, como é o sector de hostalaría e, no seu seo, as subáreas de hotelaría e restauración (tradicional, moderna e colectiva). Tamén en establecementos dedicados á preelaboración e á comercialización de alimentos crus, tendas especializadas en comidas preparadas, empresas dedicadas á almacenaxe, ao envasado e á distribución de produtos alimentarios e outros.

Que ocupacións se desempeña?

Cociñeiro/a, xefe/a de partida, empregado/a de economato de unidades de produción e servizo de alimentos e bebidas.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0049Formación e orientación laboral1074
MP0046Preelaboración e conservación de alimentos2409
MP0026Procesos básicos de pastelaría e repostaría2409
MP0031Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos532
MP0047Técnicas culinarias32012
MP0050Empresa e iniciativa emprendedora533
MP0045Ofertas gastronómicas875
MP0048Produtos culinarios35020
MP0028Sobremesas en restauración1408
MP0051Formación en centros de traballo (para acceder ás prácticas en empresa debes ter superados todos os módulos de 1º e 2º curso)410
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico en Cociña e Gastronomía.

A que outros estudos se pode acceder?

  • A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
  • Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Dirección Cociña , Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior FP Dual Dobre Titulación en Dirección Cociña e Dirección Servizos en Restauración, Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos modalidade ordinaria e FP Dual, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística. Tamén tes acceso a cursar o Curso de Especialización “Master en Panadería e Bolaría Artesanal”.