Departamentos
Os departamentos son os órganos de coordinación do centro integrado.


Departamento de información e orientación profesional
O departamento está composto por:
- Xefatura: Adriana Recaman Payo
- Profesora de FOL e coordinadora de emprendemento: Teresa Barreiro Abilleira
- Profesora da familia profesional de Industrias Alimentarias: Noa Seijo Orjales
- Profesora da familia profesional de Hostalaría e Turismo: María José Durán Gómez
As función principais do departamento de Información e Orientación Profesional son entre outras:
- Informar o alumnado e, en xeral, a calquera persoa interesada sobre as oportunidades de acceso ao emprego, da oferta de cursos de perfeccionamento, reciclaxe ou especialización.
- Informar das posibilidades do procedemento do recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.
- Xestionar a bolsa de emprego.
- Facilitar o acceso aos programas e ás actividades de emprendemento.
- Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe.

Departamento de Calidade e Innovación
O departamento está composto por:
- Xefatura: Valentina Vázquez Lores.
- Coordinadora de Innovación e Formación do Profesorado: Martina Martínez Sabajanes
- Coordinadora de TIC’s: Eva Lage Lorenzo
- Coordinador de Programas Internacionais: María José Durán Gómez
As funcións principais do departamento de calidade e innovación son, entre outras, as seguintes:
- Deseñar e implantar os procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua.
- Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.

Departamento de Relación con empresas
O departamento está composto por:
A xefatura exércea a profesora Pilar Novelle González, e que está composto por tódolos titores do módulo de FCT do CIFP.
As funcións principais do departamento de Relación con Empresas son, entre outras, as seguintes:
- Establecer as relacións para a concreción dos convenios ou acordos de colaboración coas empresas do ámbito socioprodutivo para a realización das actividades do centro integrado.
- Establecer os convenios ou acordos con empresas, entidades ou institucións para a realización do módulo de formación en centros de traballo.
- Supervisar e dirixir os programas de formación en centros de traballo.

Departamento de Acreditación e Probas
O departamento está composto por:
- Xefatura: Marta Abad Maquieira.
- Xefe do departamento de Hostalaría e Turismo: Francisco Rodríguez Prieto.
- Xefa do departamento de Industrias Alimentarias: Ana Méndez Álvarez.
- Xefa do departamento de Idiomas: Paula González López.
- Xefa do departamento de FOL: Estrella Fernández Buján.
Entre as función máis salientables do departamento de Acreditación e Probas están, entre outras, as seguintes:
- Coordinar, organizar, realizar o seguimento e avaliar o desenvolvemento do procedemento para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional.
- Coordinar, organizar, realizar o seguimento e avaliar o desenvolvemento de calquera proba que se realice no centro, de acordo coa convocatoria da Administración competente.

Departamento de hostalaría e turismo
Cuxa xefatura exerce o profesor de cociña Francisco Rodríguez Prieto e está formado por tódolos docentes das especialidades de cociña, servizos en restauración e hostalaría e turismo.
As funcións principais do departamento de hostalaría e turismo son, entre outras:
- Propor as medidas organizativas necesarias para un axeitado funcionamento das actividades formativas que desenvolva o departamento.
- Promover as accións emprendedoras entre o alumnado.
- Aprobar a proposta de actividades complementarias da familia profesional.

Departamento de industrias alimentarias
Cuxa xefatura exerce a profesora Ana Méndez Álvarez, e que está formado polos docentes da familia profesional de industrias alimentarias e polo profesorado de cociña e pastelaría con atribución docente no ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría.
As funcións principais do departamento de industrias alimentarias son, entre outras:
- Propor as medidas organizativas necesarias para un axeitado funcionamento das actividades formativas que desenvolva o departamento.
- Promover as accións emprendedoras entre o alumnado.
- Aprobar a proposta de actividades complementarias da familia profesional.

Departamento de formación e orientación laboral
Cuxa xefatura exerce a profesora Estrella Fernández Buján, e está formado polas docentes da especialidade de FOL.
Entre as función principais do departamento de FOL están as seguintes:
- Colaborar co departamento de información e orientación profesional nas funcións de información, asesoramento e orientación, responsabilizándose do desenvolvemento das actividades e dos programas de emprendemento e de inserción laboral.

Departamento de idiomas
Cuxa xefatura exerce a profesora Paula González López, e que está formado polas docentes das especialidades de inglés e francés do centro.
As funcións máis salientables deste departamento son, entre outras, as seguintes:
- Elaborar o programa de promoción de linguas estranxeiras.
- Completar, de ser o caso, a competencia lingüística do alumnado e do profesorado que participe en programas internacionais.