Reclamacións ás cualificacións
Estando en desacordo coa cualificación outorgada na avaliación final e conforme o establecido no artigo 45 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, poderase presentar reclamación perante a dirección do centro, para elo será necesario entregar en secretaría a seguinte documentación:
- A folla de reclamación segundo o modelo que podes descargar e no que se debe especificar un dos seguintes motivos:
- A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e nivel, recollidos na correspondente programación didáctica.
- Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación didáctica.
- A aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica para a superación dos módulos non foi correcta.
- Acompañar á folla de reclamación unha copia do NIF/DOI/Pasaporte.
O prazo para presentar a reclamación é de 2 días hábiles desde a comunicación da cualificación final.