Validacións e exencións
As solicitudes de validacións de módulos, por estudos cursados ou por acreditación de unidades de competencia presentaranse na secretaría do centro, dirixidas á dirección dentro dos primeiros vinte días contados desde o comezo das clases. Mentras non se resolvan, o alumnado debe seguir asistindo a clase. Esa solicitude presentarase segundo o seguinte modelo (descargar) e irá acompañada polo DNI e certificación académica oficial dos estudos cursados, certificado de profesionalidade ou plan de estudos según proceda. As validacións dirixidas ao Ministerio de Educación cumprimentaranse segundo o seguinte modelo (descargar).
As validacións sereseolven dacordo a Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro
Importante: ata que non reciba o documento que acredite a validación do módulo, deberá seguir asistindo a clase regularmente. De non ser así, podería perder o dereito á avaliación continua, no caso de ser denegada a validación.
Para mais información consulta no departamento de información e orientación profesional ou preme os seguintes enlaces:
Exención do módulo de FCT
A solicitude de exención do módulo de FCT presentarase segundo establecen os Artigos 41 e 42 da Orde do 12 de xullo de 2011, pódese acceder ao formulario no seguinte enlace:Solicitude de exención do módulo de FCT pola correspondencia coa práctica laboral. Esta solicitude irá acompañada de: Vida laboral e Certificado das actividades desenvolvidas nas empresas.