Saltear al contenido principal

Guía, Información e Asistencia Turística

  • Ciclo formativo
  • Familia: Hostalaría e turismo
  • Sistema educativo: LOE
  • Grao: Superior
  • Horas: 2000
  • Código: SHOT03
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional do sector turístico. Para acceder debes estar en posesión do  título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.

No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: ademáis dos espazos formativos do centro desenvolverás a túa aprendizaxe polas rúas de Pontevedra e nos principais destinos turísticos territoriais de Galicia, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.

Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e  propiciar a túa inserción no mercado laboral.

Cales son os requisitos de acceso?

Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.

Que se aprende a facer?

Planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e asistir persoas viaxeiras e clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.

En que ámbitos se traballa?

No sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que abrangue calquera tipo de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísti-cas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, tense capacitación para crear e implantar plans e actividades de desenvolvemento locais, en relación co mesmo sector. Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administracións ou en entes de características similares (consorcios, padroados, etc.).

Que ocupacións se desempeña?

Guía local, guía acompañante, guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural, informador/ora turístico/a, xefe/a de oficinas de información, promotor/ora turístico/a, técnico/a de empresa de consultoría turística, axente de desenvolvemento turístico local, azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo, asistente en terminais (es-tacións, portos e aeroportos), encargado/a de facturación en terminais de transporte, e asis-tente en feiras, congresos e convencións.

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
MP0383Destinos turísticos2138
MP0171Estrutura do mercado turístico1335
MP0389Formación e orientación laboral1074
MP0179Inglés1606
MP0173Márketing turístico1606
MP0384Recursos turísticos1877
MP0387Deseño de produtos turísticos1408
MP0390Empresa e iniciativa emprendedora533
MP0386Procesos de guía e asistencia turística1056
MP0172Protocolo e relacións públicas1056
MP0180Segunda lingua estranxeira1579
MP0385Servizos de información turística704
MP0388Proxecto de guía, información e asistencia turísticas26
MP0391Formación en centros de traballo384
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Título de Técnico superior en Guía, Información e asistencia Turísticas.

A que outros estudos se pode acceder?

  • A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
  • Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos e Ciclo Superior de Dirección de Servizos de Restauración.