Saltear al contenido principal

Coordinacións

As coordinacións nun centro integrado son, xunto cos departamentos, órganos de coordinación.

Na área de calidade, innovación e orientación profesional:

  • Coordinación de emprendemento.
  • Coordinación de TIC.
  • Coordinación de Programas Internacionais.
  • Coordinación de formación e innovación.

Na área de formación:

  • Coordinación de biblioteca
  • Dinamización da lingua galega

Na área de administración e xestión:

  • Comisión de seguridade e saúde laboral

Coordinacións da Área de Calidade, Innovación e Orientación profesional

Coordinación de emprendemento

Encadrada no departamento de Información e Orientación Profesional. A responsable desta coordinación é Teresa Barreiro Abilleira.

As función principais da coordinación de emprendemento son entre outras:

  • Xestionar os viveiros de empresas e titorizar os proxectos seleccionados con base na súa viabilidade, realizando o seguimento do seu desenvolvemento para facilitar a súa posta en funcionamento.
  • Difundir, promover e apoiar as iniciativas emprendedoras entre todo o alumnado do centro.
  • Informar os posibles emprendedores dos recursos dispoñibles na área de emprendemento, tanto en liña como material físico.

Para máis información, clica neste enlace.

Coordinación de TIC

Encadrada no departamento de Calidade e Innovación. A responsable desta coordinación é Eva Lage Lorenzo.

As funcións principais desta coordinación son, entre outras, as seguintes:

  • Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnolóxicos do centro, e nos programas de formación do profesorado.
  • Fomentar a participación do profesorado do centro na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
  • Establecer relacións con administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.

Coordinación de Programas Internacionais

Encadrada no departamento de Calidade e Innovación. O responsable desta coordinación é María José Durán Gómez.

As funcións principais desta coordinación son, entre outras, as seguintes:

  • Fomentar os proxectos internacionais de colaboración con outros centros e outras entidades e asociacións dentro e fóra do país.
  • Informar a comunidade do centro sobre as posibilidades de realización de prácticas ou estadías no estranxeiro para alumnado ou persoas tituladas de ciclos formativos, e buscar socios no estranxeiro ou dentro do país, para desenvolver os programas de intercambios.
  • Tramitar todas as solicitudes e a documentación necesaria para a participación do centro nos programas internacionais.
  • Asesorar na formalización e na tramitación das solicitudes e da documentación necesaria para a participación do profesorado e do alumnado nos proxectos internacionais.

Para máis información, clica neste enlace.

Coordinación de Formación e Innovación

Encadrada no departamento de Calidade e Innovación. A responsable desta coordinación é Martina Martínez Sabajanes.

As funcións principais desta coordinación son, entre outras, as seguintes:

  • Establecer relacións con administracións, entidades, institucións e empresas para o desenvolvemento de proxectos ou actividades de I+D+I.
  • Tramitar os posibles acordos con administracións, entidades, institucións ou empresas de cara á obtención de recursos para o desenvolvemento de proxectos ou actividades de I+D+I.
  • Potenciar as accións formativas e a innovación, prioritariamente mediante o uso da aula multimedia.
  • Potenciar as estadías formativas do profesorado nas empresas.
  • Asesorar na tramitación das solicitudes e da documentación necesaria para a participación do profesorado nas actividades de formación e nos proxectos de innovación educativa e tecnolóxica e de investigación.

Para máis información, clica neste enlace.

Coordinacións da Área de Formación

Coordinación de Biblioteca

Cuxa responsable é Teresa Chouza Fernández.
As funcións principais desta coordinación son, entre outras, as seguintes:

  • Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar os recursos da colección) nos distintos soportes e formatos.
  • Difundir os recursos informativos existentes e as súas posibilidades de consulta e aproveitamento entre toda a comunidade do centro integrado.
  • Asesorar o profesorado en técnicas de fomento da lectura, formación de usuarios e traballos documentais, seleccionando e elaborando materiais, xunto co resto do profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos e para a dinamización cultural do centro.

Para máis información, clica neste enlace.

Equipo de Dinamización da lingua galega

Equipo de Dinamización da lingua galega, cuxa responsable é Paloma Carrazoni. O equipo de dinamización da lingua galega está formado por tres docentes, dous representantes do alumnado e un representante do persoal de administración e servizos. 

As funcións principais do equipo de dinamización da lingua galega son, entre outras, as seguintes:

  • Presentar, a través do claustro de profesorado, propostas ao equipo directivo para a fixación de obxectivos de dinamización da lingua galega que se incluirán no proxecto educativo.
  • Deseñar un programa anual de promoción da lingua galega para o logro dos obxectivos previstos no proxecto funcional.

Para máis información, clica neste enlace.

Coordinación da Área de Administración e Xestión

Comisión de seguridade e saúde laboral

Cuxo responsable é o secretario do centro, Juan Ferradas Bautista. Esta comisión está formada por todas as xefas e xefes de departamento do centro e por un representante do persoal de administración e servizos.

Entre as funcións principais da comisión de seguridade e saúde laboral están as seguintes:

  • Elaborar o plan de autoprotección do centro integrado, coordinar a súa implantación e supervisar o seu cumprimento, de acordo coa lexislación vixente.
  • Planificar e levar a cabo os simulacros de evacuación ou calquera outra actividade relacionada coa prevención de riscos.
  • Favorecer a información á poboación afectada sobre os riscos a que está sometida e o modo adecuado de actuación, así como fomentar a cultura de prevención na comunidade do centro.

Para máis información, clica neste enlace.