A quen vai dirixido?
Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional da cociña nun perfil de dirección e organización. Para acceder debes ter o título de graduado en Bacharelato, título de técnico nun ciclo formativo en grao medio ou mediante proba de acceso.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: as aulas taller de cociña completamente equipadas, o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza”, aula tecnolóxica, aula I+D, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 3 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados ou universitarios podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción e o servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, nomeadamente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración.
Que ocupacións se desempeña?
Director/ora de alimentos e bebidas; director/ora de cociña; xefe/a de produción en cociña; xefe/a de cociña; segundo/a xefe/a de cociña; xefe/a de operacións de cátering; xefe/a de partida; cociñeiro/a; encargado de economato e adega.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|---|---|---|---|
1º | MP0496 | Control do aprovisionamento de materias primas | 53 | 2 |
1º | MP0506 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 |
1º | MP0502 | Gastronomía e nutrición | 53 | 2 |
1º | MP0179 | Inglés | 160 | 6 |
1º | MP0499 | Procesos de elaboración culinaria | 267 | 10 |
1º | MP0497 | Procesos de preelaboración e conservación en cociña | 240 | 9 |
1º | MP0501 | Xestión da calidade e da seguridade e hixiene alimentarias | 80 | 3 |
2º | MP0498 | Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña | 210 | 12 |
2º | MP0507 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 |
2º | MP0504 | Recursos humanos e dirección de equipos en restauración | 53 | 3 |
2º | MP0503 | Xestión administrativa e comercial en restauración | 70 | 4 |
2º | MP0500 | Xestión da produción en cociña | 244 | 14 |
2º | MP0508 | Formación en centros de traballo | 384 | |
2º | MP0505 | Proxecto de dirección de cociña | 26 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico superior en Dirección de Cociña.
A que outros estudos se pode acceder?
- A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
- Se queres continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes opción a obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos modalidade ordinaria e FP Dual, Ciclo Superior Guía, Información e asistencia Turística. Tamén tes acceso a cursar o Curso de Especialización “Master en Panadería e Bolaría Artesanal”.