Saltear al contenido principal

Formación en centros de traballo

Que é?

A Formación en Centros de Traballo é un módulo obrigatorio de prácticas non remuneradas en empresas para todo o alumnado da Formación Profesional, co que se pretende completar a adquisición das competencias profesionais previstas e avaliar o seu desempeño en situacións reais de traballo.

No caso dos ciclos medios ten unha duración de 410 horas, nos ciclos superiores 384 horas e no ciclo de FP básica de 320 horas.

O alumnado desenvolverá tarefas propias do perfil profesional relacionado co seu ciclo, realizará xornadas laborais adaptándose a dinámica do centro de traballo (40 h semanas, autorizados en fins de semana, e nocturno no CM panadería, repostaría e confeitaría), non poderá sustituir a un traballador debendo estar sempre acompañado no seu posto de traballo, estará supervisado por un titor ou titora tanto na empresa como no  centro de estudios, quenes de xeito coordinado realizarán o seguimento da súa aprendizaxe e a avaliación ao final do periodo.

Obxectivos

  • Aplicar e completar na empresa os coñecementos teórico-prácticos adquiridos nos centros educativos.
  • Coñecer e comprender, de forma real, a organización socio-laboral dun centro de traballo.
  • Adquirir o coñecemento e a experiencia da organización produtiva e o sistema de relacións sociolaborais do centro de traballo, co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.
  • Avaliar a competencia profesional do alumnado nunha situación real de traballo coa participación empresarial.

Exención FCT

O alumnado poderá solicitar a exención do módulo de formación en centros de traballo (FCT) sempre que poda acreditar unha experiencia como mínimo de 1 ano (xornada completa) en postos de traballo similares ao perfil do seu ciclo formativo. Nese caso deberá solicitar a exención nun prazo máximo de 20 días hábiles antes da data de comenzo da FCT dese periodo.

Impresos de solicitude de exención de FCT

Renuncia FCT

O alumnado matriculado no módulo de FCT poderá solicitar a súa renuncia nos casos contemplados na lexislación vixente (contrato de traballo, motivos de saúde, ou situacións familiares ou persoais que se poderán valorar). O prazo para solicitala, e conservar así as dúas convocatorias establecidas para realizar o módulo de FCT, será como máximo de 2 meses antes da data de avaliación dese periodo.

Impreso de solicitude de renuncia de FCT

Póliza seguro das FCT

Desde o 1 de setembro de 2021 e ata o 31 de agosto de 2023 a compañía de seguros que cubrirá os accidentes e a responsabilidade civil do alumnado que estea a realizar a formación práctica en empresas será Helvetia Compañía Suiza, Sociedad Anónima de Seguros e Reaseguros, CIF A41003864.

Os números de póliza son os seguintes:

Nº GA C30 0000057 – ACCIDENTES
Nº GA R18 0000147 – RESPONSABILIDADE CIVIL

Normativa

Na seguinte ligazón podes atopar a lexislación pola que se regula o módulo profesional de formación en centros de traballo, FCT.

Axudas FCT

Trátase dunha axuda económica para oo alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT). O alumnado que cumpla os requisitos que se contemplan para ser beneficiario desta axuda (transporte), será informado da súa xestión polos seus titores ou titoras no mes de maio ou no de outubro, segundo o periodo no que estén realizando a FCT.