Saltear al contenido principal

Plan de autoprotección

O plan de autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional previsto para un centro, establecemento, espazo, instalación ou dependencia, co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta adecuada ás posibles situacións de emerxencia, na zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.

O Plan de Autoprotección do CIFP Carlos Oroza aborda a identificación e avaliación dos riscos, as accións e medidas necesarias para a prevención e control de riscos, así como as medidas de protección e outras actuacións para adoptar en caso de emerxencia.

Plan de Autoprotección do centro