Saltear al contenido principal

Formación Acelerada: Actividades básicas de panadería e pastelería

  • FP ACELERADA
  • Familia: Hostalaría e Turismo
  • Sistema educativo: LOOIFP
  • Grao: Certificado Profesional
  • Horas: 549
  • Código: Y1HOT000600
  • Documentación:

A quen vai dirixido?

Formación concentrada de 4-6 meses que capacita para traballar en obradoiros de panadaría e pastelaría. O alumnado aprende as elaboracións básicas de pans, bollería e produtos de pastelaría en contornos reais de traballo.

Cales son os requisitos de acceso?

Para acceder a esta formación, é necesario cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade ou cumprir os 18 anos durante o ano 2026.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos de grao básico.

Que se aprende a facer?

Preelaborar e elaborar produtos básicos de panadaría e pastelaría, presentalos para a súa venda e dispensalos, aplicando os protocolos establecidos, as normas de hixiene alimentaria, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental correspondentes.

En que ámbitos se traballa?

Exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación, en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.

Que ocupacións se desempeña?

  • Auxiliar de obrador de panadería e pastelería

Cales son os módulos?

CursoCódigoMódulo profesionalHorasPeríodos semanais
1ºMP3007Procesos básicos de panadaría449
1ºMP3017Procesos básicos de pastelaría285
1ºIPE 1 (a distancia)60
Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia

Que título ou acreditación se obtén?

Ao finalizar a formación, o alumnado obterá un certificado profesional recoñecido pola Xunta de Galicia. Este nivel formativo corresponde á categoría 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais , o que servirá de base para a continuación de estudos regulados, posibilitando unha carreira académica e profesional no ámbito da Formación Profesional. Ademais, estes estudos poden ser convalidados total ou parcialmente para cursar un futuro ciclo formativo de grao básico de S.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.