A quen vai dirixido?
Este ciclo formativo vai dirixido a aquel alumnado que queira introducirse no mundo profesional da panadería a pastelería e todo o que a rodea. Para acceder debes ter o título de graduado en ESO, título de FP Básica ou mediante proba de acceso.
No Carlos Oroza impartimos as ensinanzas coa metodoloxía que nos caracteriza “aprender facendo”, a través da cal te verás inmerso nun entorno real de aprendizaxe práctico: os obradoiros de panadería, pastelería, confeitaría, todos eles completamente equipados, o Restaurante Pedagóxico do centro “Álvaro Cunqueiro” aberto á cidadanía, o comedor de autoservizo, a Horta Escolar “Horta Oroza”, aula tecnolóxica, aula I+D, a tenda “ReCreO”, son os espazos formativos onde desenvolverás a túa aprendizaxe, con profesorado altamente cualificado e implicado na túa formación.
Debes saber que este nivel formativo corresponde a categoría 2 do Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais, polo que servirache como base para proseguir outros estudos regrados podendo facer unha carreira académica e profesional no ámbito da FP e propiciar a túa inserción no mercado laboral.
Cales son os requisitos de acceso?
Consulta os requisitos de acceso e admisión vixentes no seguinte enlace da páxina oficial do portal de FP Galicia.
Que se aprende a facer?
Elaborar e presentar produtos de panadaría, repostaría e confeitaría, conducindo as operacións de produción, composición e decoración, en obradoiros e establecementos de restauración, con aplicación da lexislación vixente de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
En obradoiros artesanais ou semiindustriais que elaboran produtos de panadaría, pastelaría e confeitaría, así como no sector de hostalaría, subsector de restauración, e como elaboradores ou elaboradoras por conta propia ou por conta allea. Tamén exercen a súa actividade no sector do comercio da alimentación en establecementos que elaboran e venden produtos de panadaría, pastelaría e repostaría.
Que ocupacións se desempeña?
Panadeiro/a, elaborador/a de bolaría, elaborador/a de masas e bases de pizza, pasteleiro/a, elaborador/a e decorador/a de pasteis, confeiteiro/a, reposteiro/a, turroneiro/a, elaborador/a de caramelos e doces, elaborador/a de produtos de cacao e chocolate, churreiro/a, galleteiro/a, elaborador/a de sobremesas en restauración.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais |
---|---|---|---|---|
1º | MP0025 | Elaboracións de panadaría e bolaría | 347 | 13 |
1º | MP0033 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 |
1º | MP0024 | Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría | 133 | 5 |
1º | MP0030 | Operacións e control de almacén na industria alimentaria | 80 | 3 |
1º | MP0026 | Procesos básicos de pastelaría e repostaría | 240 | 9 |
1º | MP0031 | Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos | 53 | 2 |
2º | MP0027 | Elaboracións de confeitaría e outras especialidades | 192 | 11 |
2º | MP0034 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 |
2º | MP0032 | Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría | 70 | 4 |
2º | MP0029 | Produtos de obradoiro | 175 | 10 |
2º | MP0028 | Sobremesas en restauración | 140 | 8 |
2º | MP0035 | Formación en centros de traballo | 410 |
Que título ou acreditación se obtén?
Título de Técnico en Panadería, Repostería e Confeitería.
A que outros estudos se pode acceder?
- A calquer ciclo formativo de grado superior, nas condicións de admisión que se establezcan.
- Tes acceso ao Curso de Especialización “Master en Panadería e Bolaría Artesanal”, e sí optas continuar cos teus estudos na Hostalería e Turismo tes a oportunidade de obter unha carreira académica e profesional no CIFP Carlos Oroza, podendo cursar: Ciclo Superior Dirección Cociña, Ciclo Superior Servizos en Restauración, Ciclo Superior FP Dual Dobre Titulación en Dirección Cociña e Dirección Servizos en Restauración.