Erasmus Days Oroza 2026
O vindeiro 14 de outubro, o CIFP Carlos Oroza celebrará unha nova actividade con motivo dos Erasmus Days 2026, unha iniciativa que busca achegar ao alumnado as oportunidades de mobilidade que ofrece o programa Erasmus+.
A actividade estará dirixida ao alumnado de 2º curso interesado en realizar unha mobilidade Erasmus+ durante este curso e desenvolverase no taller cafetaría do centro.
Durante a xornada, as persoas participantes poderán:
- degustar diferentes propostas de almorzos europeos;
- conversar con exalumnado do centro que xa participou en mobilidades Erasmus+;
- resolver dúbidas sobre destinos, prácticas, idioma, aloxamento ou vida cotiá durante unha mobilidade;
- e descubrir novas posibilidades para a súa propia experiencia Erasmus.
A actividade desenvolverase a través dun pequeno percorrido por catro etapas:
Taste Europe · Ask Erasmus · Union of Skills · Discover your Mobility
Para poder organizar correctamente a participación e preparar os materiais da actividade, será necesario realizar inscrición previa.
Formulario de inscrición: http://bit.ly/inscricionErasmusDayOroza
Prazo de inscrición: ata o 6 de outubro ás 23.55 horas.
Se estás pensando en vivir unha experiencia Erasmus+, esta pode ser unha boa oportunidade para coñecer de primeira man como é unha mobilidade e resolver todas as túas dúbidas falando con quen xa a viviu.