Expedición de títulos
O alumnado do centro que rematou satisfactoriamente os seus estudos, incluída a FCT, poderá solicitar aquí a expedición do título oficial. Unha vez solicitado, tarda en torno a dous anos en chegar. Mentres, e logo de facer a solicitude do título e os seus trámites (pago de tasas), para acreditar a titulación pode solicitar un Certificado académico no seguinte enlace.
Para a solicitude do título é preciso realizar o pago das tasas oficias que poderá facerse polas seguintes canles entrando na páxina da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/:
- Vía telemática: precísase certificado electrónico. Tramítase a tasa en rede, e logo o pago pódese facer tamén por vía telemática (cargo en conta ou tarxeta), ou presencial (imprimir un impreso e presentalo nas entidade bancarias sinaladas). O xustificante do pago deberá xuntarse á solicitude.
- Vía presencial: Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación lle proporcionará o modelo xa cuberto, imprimilo e presentalo nas entidades bancarias sinaladas.
Documentos de axuda para tramitar pago das tasas:
- Importe das tasas para expedición de títulos
- Exemplo modelo cuberto.
Unha vez tramitado o pago das tasas, deberá cubrir o seguinte formulario e presentar a documentación:
- Copia NIF/DOI/Pasaporte (.pdf ou .jpg lexible, tamaño máximo do arquivo 8 Mb)
- Copia do título de familia numerosa de ser o caso (.pdf ou .jpg lexible, tamaño máximo do arquivo 8 Mb)
- Xustificante da tramitación e pago das tasas (tamaño máximo do arquivo 8 Mb).