Saltear al contenido principal

Admisión e matriculación

A través das seguintes ligazóns poderás ter acceso a toda a información sobre o proceso de admisión a ciclos formativos.

Solicitude vía web

A solicitude vía web poderase realizar para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a aplicación informática xera un impreso de solicitude.

No caso de solicitantes xa autenticados no contorno “edu.xunta.es” que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a inscrición no réxime, modalidade e grao da solicitude. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.

En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

¿Tes dúbidas?

Aquí tes as instruccións sobre como realizar a solicitude web.

Solicitar matrícula

Documentación para matricularse

1) Fotocopia do DNI.
2) Certificado de Estudos (Orixinal).
3) Catro fotografías tipo carné (co nome e apelidos ó dorso).
4) Os menores de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar.

Probas de acceso a ciclos

Acceso a grao medio e a grao superior:

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Habilitacións profesionais:

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas encamiñadas á obtención dos carnés profesionais e habilitacións profesionais que acreditan ter os coñecementos teórico-prácticos necesarios para o exercicio de certas actividades no ámbito da seguridade industrial.

Probas Libres:

As probas libres están organizadas pola Administración educativa co obxectivo de favorecer a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior.

Validacións módulos FP

Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións e as equivalencias.

Validacións:

Coa validación dáse por superada un parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. Nos estudos de Formación Profesional a unidade mínima de validación é o módulo formativo.

Equivalencias:

A equivalencia é o recoñecemento de que un título (ou un conxunto de estudos superados polo interesado) ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais que outro, se ben non dá dereito ao interesado á obtención do título co que se establece a equivalencia.

Prazo de presentación de documentación:

Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases.