Saltear al contenido principal

Xantar de camelia no CIFP Carlos Oroza

O xoves 15 de marzo fixemos un punto e seguido no noso proxecto de innovación educativa «A nosa camelia, tan curiosa como saborosa» na que traballamos o CIFP Carlos Oroza, o IES Montecelo e o CIFP A Granxa.
A noraboa para o alumnado e profesorado dos tres centros implicado no proxecto polo seu traballo e adicación, e polos resultados xa acadados. Seguiremos traballando coa camelia que nos une!!
Unha exposición dos produtos acadados ata agora daban a benvida aos convidados, e un fabuloso xantar, capitaneado por Iñaki Bretal, puxo o broche a esta primeira etapa. Mil grazas Iñaki!!
#aprenderfacendo