Unha cita no CITA
Docentes e alumnado do CIFP Carlos Oroza saíron ás rúas da cidade no día mundial dos museos para realizar unha actividade de márketing viral aplicado ao caso do CITA , centro de interpretación das torres arcebispais. Na actividade convidabase á cidadanía a participar cun pequeno xogo dun pío-pío deseñado para a ocasión sobre a vida de Pontevedra que alí se pode descubrir.
O xogo tamén levaba o convite dunha visita guiada ao CITA e un xantar no CIFP Carlos Oroza, que casualidades do azar, tocou primeiro a unha parella vasca que xa retornara das súas vacacións e posteriormente nun segundo sorteo á familia dun alumno.
Esta actividade englobouse noutras tamén realizadas con outras institucións, como a proxección ‘Conservar e restaurar en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, a facultade de Belas Artes coa intervención dos artistas Elia Núñez e Román Corbato que plantexaron a idea da falta de identidade das persoas coa utilización das TIC, ou a propia inauguración con torta propia elaborada polo alumnado de Elena Peleteiro, profesora no CM Cociña e Gastronomía do centro.
Outras das actividades desenvolvidas nesta xornada no CITA foi unha interpretación histórica de Pontevedra na que participaron membros da Asociación de Pais de Discapacitados Intelectuais ‘Virgen de la O’ e unha segunda na que participaron membros da Asociación Síndrome de Down ‘Xunt.
Vídeo da xornada realizado por: José Antonio Gutiérrez Garrido, Susana Loureiro Otero, e Juan José Villar Estévez de 1º CS Guía, información e asistencia turísticas