Saltear al contenido principal

Un Latte Art, Frappé ou Freak Shake?

Onte tivemos a oportunidade de aprender e disfrutar dunha fantástica masterclass a cargo do barista profesional Damián Seijas. O alumnado dos distintos ciclos de servizos non perdeu o máis mínimo detalle durante as explicacións de Damián sobre a elaboración de diferentes preparados a base de produtos Monín.

Cócteles de autor, cafés espressos e cafés especiais decorados coa técnica de Latte Art demostraron que sorprender ao cliente é esencial para competir nun mercado cada vez máis exixente. Por si non a coñeces, esta técnica consiste en crear deseños na superficie dun espresso e xa é toda unha tendencia en hostalaría. Conseguir a crema, o espresso, o movemento de boneca … ufff… non é fácil, pero con adestramento conseguiralo!!

Outras das elaboracións creativas que aprendimos foron os ice tea de sabores, os smothies (batidos de froita), os frappés gregos (café con xeo cuberto de espuma a partires de café instantáneo), e a última moda dos “Freak Shake“, batidos aos que se añaden brownies, futas, siropes e moitísima imaxinación.

cóctel freak shake FullSizeRender_5

Moitas grazas Damián Seijas por ensinarnos unha nova faceta do apaixonante mundo dos baristas!