Saltear al contenido principal

Ti non es o que sintes

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, o luns 10 de outubro celebramos no centro unhas charlas de sensibilización e visibilización a cargo da nosa alumna Olaia Collazo (2º de CS ALOXAMENTO), quen a través da súa testemuña en primeira persoa achegounos a súa experiencia coa depresión. Para ela, falar de saúde mental é investir. Investir en nós e no noso futuro coa utopía de cambiar o que pensa a sociedade. Os tabús. O estigma. O medo a falar e a ser xulgada.

Por iso agradecemos infinitamente a exposición da súa experiencia coa que conectou coas emocións de todas as persoas que a escoitaron.

Como centro aproveitamos esta ocasión para decirlle ao noso alumnado que non so estamos para formarles para unha profesión, senón que estamos coas portas abertas para axudar, acompañar, guiar e apoiar en tódalas situacións que o noso alumnado precise.

Grazas particularmente nesta ocasión ás profes Tareixa e María, que estiveron exactamente no lugar no que Olaia ás necesitou.

Moitas grazas ás tres por este día tan especial!