
Somm Talent FP – Premios Suso Domínguez
Xa pasaron uns días desde o Somm Talent FP – Premios Suso Domínguez, e toca parar un momento para valorar todo o vivido.
Un campionato que naceu no CIFP Carlos Oroza e que agora xa está a converterse nun referente entre as escolas de hostalaría para os futuros sumilleres. Un evento que nos lembra que a sumillería é moito máis que servir viño: é coñecemento, sensibilidade, técnica e, sobre todo, paixón polo oficio.
E se falamos de paixón, temos que falar dos verdadeiros protagonistas: o alumnado que participou. Dende as probas no centro ata a gran final no auditorio, demostraron que a formación en servizos de restauración ten futuro e moito nivel.
Os gañadores desta edición foron:
🥇 Héctor de la Rosa Molina – @cifp.compostela
🥈 Aitzol Otxoa Baglietto – Escola de Hostalaría de Gamarra @gamarrahosteleria
🥉 Marcos Alexander Núñez Valiño – o noso representante!
Pero aquí, gañar é secundario. Porque o verdadeiro premio é todo o aprendido, as experiencias compartidas e as oportunidades que xurdirán despois deste encontro.
E como non, grazas ás entidades que fan posible que isto sexa unha realidade: Adega Altos de Torona @altostorona e o Instituto Galego do Viño @institutogalegodovino os sumilleres que nos acompañaron e todos os centros participantes.
Agora toca pensar na seguinte edición… e xa vos adiantamos que trataremos que sexa moi especial.