Saltear al contenido principal

Sidra 100% ecolóxica, e galega

Maeloc é unha sidra galega elaborada 100% con mazás ecolóxicas conforme ás prácticas da agricultura ecolóxica de Galicia Calidade. José Luis Olmedo, en representación de Hijos de Rivera S.A.U, explicou ao alumnado o proceso de fabricación e análise da sidra, que ademáis de mazás, mestúrase con amorodos, peras, e moras, o que fixo que a cata á que asistiu o alumnado de 1º CM Servizos en restauración, fose non so unha presentación para aprender a catar, senón unha cata cun punto hedonista e de descuberta dun produto innovador no mercado.

O eslogan que acompaña á bebida tamén ten un punto moi persoal: “ Faino a túa maneira”, xogando e chiscando un ollo ao camiño de Santiago que tantas persoas tamén fan á súa maneira: “ Do it your way”.

Pica na foto para acceder ao álbum.

Tipos de sidra: sabor a mora, pera e amorodos.