Saltear al contenido principal

Sexting, sextorsión..maltrato…AUTOESTÍMATE

Sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying..maltrato…AUTOESTÍMATE

Esta semana arranca a 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, data, que nos lembra as 45 vitimas no que vai de ano, e as 703 na última década, datos que fan que nos ericemos, cifras ás que non se lle pode dar a espalda, como se non fose connosco, como se fose noutra sociedade que nos é allea.

En contra do que se soe decir, a mocidade sufre de maltrato, sexa baixo novas fórmulas on line  (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying…), sexa a través das relacións que manteñen con persoas achegadas.

Por iso, desde o ámbito educativo estivemos a preparar unha exposición que convida á unha reflexión intensa, non so ao longo desta semana. Pretendemos sensibilizar a tod@s sobre a importancia deste día que non debería ter razón de ser, pois ogallá ese virus da violencia (o abano é extenso) non fora tan contaxioso e virulento. A sensibilidad, a lucidez, o apoio, a valentía, a denuncia son os únicos antídotos.

[mudslide:flickr,0,109260888@N08,72157638055624634,l,center]

E falamos de autoestima!

Esta proposta nace da nosa vontade, do noso cariño e solidariedade para coas vítimas, para co alumnado que tamén sofre, para sementar o AUTOESTÍMATE.

Violencia contra las mujeres -

Programa que desenvolveremos co alumnado ao longo da semana:

1. Exposición na entrada do centro:

—Auto-test de detección de malostratos, para él, e para ela, » Semáforo da violencia de xénero, e se eu…?

— Reflexións do escritor Galeano.

— Caderno de linguaxe non sexista, textos de sensibilización AUTOESTIMATE.

O semáforo da violencia de xénero – Test

 2. Xogo de rol no corredor. Esta actividade realízase con todo o grupo pechando os ollos. Cada un dos alumnos e alumnas pode ir escollendo un dos atributos que están colgados dos  velcros. Cando abren os ollos len o atributo e todos deben responder ao unísono «home ou muller».  Despois convídase á reflexión, sobre si esas características teñen que ver co xénero ou si son estereotipos que condicionan actitudes. Exemplo: valentía, fortaleza, sumisión, etc.

3. Linguaxe pexorativa, nas escadas  e fiestras do centro.

4. Curtos

Jugando a papá y mamá

El whatsapp y las parejas

El orden de las cosas

La huella invisible del maltrato psicológico

5. Mensaxes en marcha: diversas mensaxes ubicadas no centro que irán lendo pola súa conta ao longo da semana.

6. Presentación nos monitores dos corredores. 016 Teléfono do maltrato

maltrato

 

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.