
Segunda, terça e quarta-feira para compartir coa Escola de Hotelaria e Turismo do Douro
O intercambio gastronómico e enoturístico entre a Escola de Hotelaria e Turismo do Douro – Lamego e o CIFP Carlos Oroza ten deixado moitas imaxes, risas, vivencias, e aprendizaxes entre todas as mozas e mozos.
As xornadas foron intensas, cun programa no que Francisco Orge, profesor responsable dos proxectos internacionais ten traballado arreo, e no que a colaboración entre ciclos-alumnado e profesorado ten sido fundamental para poder disfrutar destes días no que houbo numerosas visitas ao patrimonio pontevedrés e da comarca do Salnés, e que culminou cun xantar lusófono elaborado e servido polo alumnado portugués acompañados e guiados polo seu profesorado, Filipe, João e George, como eles din, os “xefes”.
2º Ciclo Superior Guía, información e asistencia turística guiando en la ciudad
Almoço: Az cozinhas viajeiras. Do Douro ás Rías Baixas
Adega Eidos de Padriñán-visita guiada


O xantar contou coa presenza da responsable de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, o responsable de Urbanismo e Patrimonio Luís Bará, a xerente de Turismo Rías Baixas, Ruth González, o xefe da inspección de Educación M. Torres, o delegado territorial César Pérez, o inspector Román Latas e a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes.
Menú elaborado e servido polos estudantes da escola de Lamego:
Escuma de patata con crema de grelos e ovo de codorniz estrellado
Ravioli de bacallao
Cerdo confitado con arroz meloso
Maridaxe: blancos e tintos da rexión vinícola do Douro.
Sobremesas: xeado de aceite e laranxa maridado cun Porto Vintage Quinta Seara cosecha 2009.