Saltear al contenido principal

Proxecto ciencia e gastronomía dos produtos da acuicultura de Galicia

A acuicultura e a gastronomía son dous sectores en auxe que aspWakameiran a converterse en estratéxicos para a economía galega. Conscientes disto, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, que imparte as ensinanzas en acuicultura e mergullo, e o Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra, que imparte as ensinanzas de Hostalaría turismo e industrias alimentarias

 

Cartaz_presentacion

fixemos una alianza en colaboración co Consello Regulador de Denominación de orixe Protexida Mexillón de Galicia, a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia (AROGA), a Asociación Galega de Piscifactorías de Troita de Galicia (ATRUGAL) e a empresa Porto-Muiños para desenvolver un proxecto común e unir “Ciencia e Gastronomía”,dous produtos da acuicultura de Galicia, que resultaron seleccionados nos premios de Innovación Didáctica de Formación Profesional da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

DSC_0255

11338041215_1d82ac28d3_k

_DSC6406
O profesorado e o alumnado participante traballaron durante seis meses en investigar as especies da acuicultura, a súa forma de cultivo, a morfoloxia, as características nutricionais, e en amosar novas formas de preparación e aplicacións culinarias destes peixes e mariscos, que teñen una calidade excelente e que tamén poden someterse ás mesmas preparacións cun valor gastronómico similar ao peixe e marisco salvaxe.

 

O resultado deste traballo preséntase nunha guía de consumo que se compón de fichas técnicas para cada unha das especies, e dun receitario que describe o proceso de preelaboración e elaboración de cada unha delas. As receitas son sinxelas, áxiles e baseadas na cociña galega de vangarda,  respetando o produto e coa axuda das técnicas de cociñado; preténdese preservar o seu sabor orixinal, sobre todo o insubstituible arrecendo dos cada vez máis imprescindibles froitos do mar que resultan escasos no medio natural.
As vantaxes destes produtos da acuicultura son evidentes, posto que representan unha oportunidade para a cociña, xa que permiten que todas as economías teñan acceso a materia prima de calidade e en calquera época do ano.

DSC_0288
O importante deste proxecto é o traballo conxunto do profesorado e do alumnado para que así os futuros productores de peixe e marisco de cultivo coñezan a aplicación final do seu produto, que os futuros cociñeiros os recoñezan e lles proporcionen valor culinario, e que serva, así mesmo, para que os consumidores saiban o que mercan e como poder preparalos.