Proxecto Academia
3 orientadoras francesas e 2 finlandesas de centros europeos que forman parte do proxecto Academia, encadrado dentro do programa Leonardo da Vinci e promovido polo MEC a través do CNROP, fixeron un percorrido polas instalacións do centro acompañados polo xefe do departamento de información e orientación Alberto Rodríguez Lijó, a profesora Eugenia de Saá, e o director Manuel Hermo Piñeiro, ademáis de recibir información sobre a organización e funcionamento do CIFP Carlos Oroza e sobre o proxecto da FP dual.
O programa cofinanciado polo MEC e xestionado polo centro nacional de recursos para a orientación profesional, CNROP, dependente da subdirección xeral de orientación e formación profesional, permite e reforza o intercambio de boas prácticas no ámbito da educación, da FP, e da orientación a través de intercambios en países europeos.