Presentación do proxecto Abalar Galicia
Proyecto Abalar
Onte presentouse o proxecto I+D+I ABALARGALICIA, http://www.abalargalicia.com/, plataforma dixital para o sector turístico de Galicia e responsabilidade de Elena del Pilar Ramallo, profesora na universidade da Coruña e membro do claustro do CIFP Paseo das Pontes.
Á presentación acudiron representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Turismo, e membros das direccións e do corpo de docentes da rede de centros integrados de formación profesional.
Este espazo virtual, punto de encontro entre empresas, docentes, estudantes, hosteleiros, restauradores, guías e asociacións do sector, nace con espíritu de cambio, impulso, movemento e transformación, resultado dunha investigación sobre os nichos informativo-promocionais que o turismo galego non ten cubertos. Entre os puntos máis innovadores: en clase, arquivador de blogs, e, un mundo de galegos.
O nome xorde da esencia do motor do turismo: o Camiño de Santiago e a lenda da pedra de abalar en Muxía que deu orixe a tradición de visitar parte dos restos.