Onte asistimos na Cidade da Cultura á entrega de premios do concurso Eduemprende Idea. Dun total de 42 proxectos presentados por alumnos de FP, os dez proxectos finalistas citábanse para expoñer os seus proxectos e recibir o recoñecemento ao seu esforzo e ás ganas de emprender.
Desde o CIFP Carlos Oroza, tres proxectos finalistas, e un deles premiado. Así que hoxe tamén nos sentimos orgullosos do noso alumnado. En especial as vosas profesoras do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora Teresa, Elena e María.
Na modalidade de ciclo superior, Rosario Rodríguez Torres, Antonio Touriño Feros e Laura Muñiz Klaussen, do CS de Aloxamentos, titorizados por Teresa Barreiro, obtiveron o 3º premio polo seu proxecto “Happy Pets”. Situado en Padrón, o proxecto consiste na construción e explotación dun aloxamento para mascotas con servizos de adestramento, alimentación, coidados de beleza, veterinarios e organización de concursos. Noraboa aos tres por esta boa idea, e a Rosario, en especial, pola súa xenial e emotiva presentación de hoxe.
Dous proxectos máis foron escollidos para expoñer as súas ideas de negocio que non deixaron indiferentes. Daniela Santos Cerviño e Ángela Lorenzo Seco do CM de Panadaría, Respostaría e Confeitaría na Pastalaría “Amai Desu Ne” ofreceranos creativos cupcakes, donuts e outras elaboracións decoradas ao estilo xaponés. Ana Isabel Martínez Blanco, Sonia Villar Berdulles e Ana Cabaleiro Alba do CS de Dirección de Cociña, expuxeron a súa idea de restaurante “Terra Gastroecolóxico”. Baixo o eslogan somos o que comemos apostan en Pontevedra por unha cociña que segue as tendencias da macrobiótica, a cociña enerxética ou a cociña viva.
PARABÉNS polo voso compromiso, traballo e saber facer, que son a base de calquera proxecto de emprendemento.
Boa sorte!!