Saltear al contenido principal

Premio da Crítica de Galicia 2025 en Cultura Gastronómica

O CIFP Carlos Oroza foi distinguido cos Premios da Crítica Galicia 2025, na categoría de Cultura Gastronómica, un recoñecemento que dende 1978 destaca a excelencia e a relevancia dos traballos máis significativos nos diferentes ámbitos da creación e da investigación en Galicia.

O xurado, formado por Enrique Barreiro Sánchez, Guillermo Campos Piñón, Mariña Fernández, Roberto Filgueira, José Mouriño Cuba, Rebeca Munín e Manuel Gago Mariño, acordou por unanimidade conceder o galardón ao CIFP Carlos Oroza por ser “un centro educativo de calidade en hostalaría, comprometido socialmente e cunha clara vontade de recuperar o patrimonio cultural e gastronómico”.

Unha iniciativa que o xurado definiu como “modélica, que pon en valor a educación como centro do futuro gastronómico da Galicia”.

Este premio é unha honra e un estímulo para continuar traballando co mesmo compromiso, paixón e orgullo pola nosa identidade gastronómica e educativa.

Agradecemos a todo o alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos que nalgún momento formou parte da nosa comunidade educativa a súa aportación para ser merecedores dunha distinción tan importante en Galicia.

Resumo de privacidade

Esta web emprega cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.