Saltear al contenido principal

Participación en FP Innova 2023

O CIFP Carlos Oroza presentou en FP Innova 2023 a primeira impresora 3D de alimentos para a produción de pezas de gran formato en chocolate que temos en España, proxecto que foi liderado polos profesores José Luís Fernández Lubians e Jorge Sánchez Verdeal xunto á empresa Makergal. @makergal3d
No noso país fixéronse varios intentos por deseñar unha impresora 3D capaz de imprimir pezas de gran formato en chocolate, e esta foi a primeira vez que se logrou. A impresora 3D que presentamos é unha ferramenta revolucionaria para a produción de pezas de chocolate de alta calidade. Grazas á tecnoloxía de impresión en 3D, a escola de hostalería logrou imprimir pezas de chocolate de gran tamaño cunha precisión e detalle sen precedentes. Esta innovación supón un gran avance para a industria alimentaria e é a primeira vez que se logra nunha escola de hostalería en España.
A impresora 3D de FPInnova é unha ferramenta de alta precisión que utiliza chocolate de alta calidade para producir pezas de gran formato. Os deseños realizanse nun computador e imprimense en 3D utilizando unha embocadura especial que permite a creación de pezas únicas e personalizadas que non se poden conseguir con métodos tradicionais.
A presentación da impresora 3D de alimentos de FPInnova foi un gran éxito e amosou o potencial da tecnoloxía de impresión en 3D na industria alimentaria, xa que o que se pretende e seguir inovando con outro tipo de productos alimentarios como purés, salsas e outros compoñentes alimentarios susceptibles de ser utilizados para a creación de pezas en 3D.
Continuaremos desenvolvendo esta ferramenta para a súa utilización nas clases e eventos futuros!