Saltear al contenido principal

Os cócteles, mellor sen alcohol

A concienciación sobre o perigo do alcohol na condución é un dos obxectivos primordiais das diferentes campañas realizadas tanto polo Concello de Pontevedra como pola Xefatura de Tráfico. Para apoiar estas iniciativas, o CIFP Carlos Oroza, en colaboración con estas dúas entidades, organizou o pasado mércores 11 de novembro unhas Xornadas centradas nestes valores éticos.

Desta maneira, o alumnado do Ciclo Superior de Servizos de Restauración en réxime de DUAL deseñou e elaborou, baixo a supervisión da profesora Tina Vázquez, cócteles sen alcohol (como poden ser o daiquiri de fresa, o mojito, a mimosa e o San Francisco), batidos (de plátano ou melón) e brochetas de froitas.

Toda unha serie de preparados que demostraron que, cando se trata de contentar ó padal, ó alcohol non é indispensable.

Álbum de fotos das Xornadas.

IMG-20151112-WA0005
O alumnado do Carlos Oroza traballando durante as Xornadas.